Gallego

S2301035 Deseño Universal para a Aprendizaxe e ferramentas dixitais

Summary: 

Curso de Deseño Universal para aprendizaxe e ferramentas dixitais. Darase a coñecer o marco teórico do Deseño Universal para a Aprendizaxe ( DUA ) e as implicacións dos principios e pautas na creación de actividades inclusivas e accesibles. As perosas relatoras serán Carmen Alba Pastor e Lara Crespo García.
Gallego

Curso presencial de 15 horas presenciais e 5 non presenciais.

Terá lugar no CAFI na aula 1.11

Remata o prazo de inscripción o 15 de setembro.

 

Curso DUA
Curso DUA

G2303013 - Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela  

Summary: 

Lorca en Compostela
Gallego

G2303013 - Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela  

O Departamento de Linguas do CAFI pon en marcha unha nova actividade que, baixo o título de Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela, percorrerá os principais espazos vinculados a Lorca nas súas viaxes á capital de Galicia. Faremos diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos e se achegará información da vinculación dese espazo co noso autor.

En Compostela, da man de Henrique Alvarellos adaremos pola Rúa do Vilar (primeira viaxe), Catedral (primeira viaxe), Praza da Quintana  (segunda e terceira viaxe), Bar Viño (segunda viaxe), A Ferradura (primeira e segunda viaxe), Praza do Hospital (primeira viaxe), San Martiño Pinario (primeira viaxe), Praza da Inmaculada (segunda viaxe), Arco Pazo de Xelmírez (segunda viaxe),San Francisco (primeira viaxe), San Paio de Antealtares (primeira viaxe), Colexiata do Sar (primeira viaxe), Fonseca (primeira viaxe) e San Domingos de Bonaval (primeira e segunda viaxe).

Datos importantes:

  • Data: 16 de setembro de 2023
  • Relator: Henrique Alvarellos
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2303013
  • Lugar: Santiago de Compostela
G2303013 - Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela  
Lorca en Compostela

G2303007 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miro Villar en Cee

Summary: 

De roteiro polos espazos vitais e literarios de Miro Villar
Gallego

G2303007 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miro Villar en Cee 

Esta experiencia propón dotar de contexto á obra de Miro Villar así como amosar o paso do tempo sobre as comunidades costeiras e destacar algúns dos compoñentes destas que normalmente son pasados por alto.

Pola columna vertebral

O roteiro comeza en Cee, onde  naceu Miro Villar no 1965. A partir de aí, o percorrido atravesa parte da vila onde contaremos con diversos persoeiros que alicerzan co seu saber a cultura e a historia ceense para, seguidamente, internarnos en diversos puntos da Costa Brava coma unha estrutura de columna vertebral que lle dá amparo á súa poesía.

as sabas a clareo

Recordar sempre doe, porque aínda que laves con lexivia as sabas nunca branquea a dor que impregna cada engurra do algodón dos abrazos e segues os consellos que escoitaches da nai para a roupa encoirada, darlle xabón lagarto e logo deitar na herba as sabas a clareo.

Agardas unha tarde, non de sol formigueiro, de sol de primavera nunha herba soalleira e deitas os recordos de manchas amarelas, prendidos entre as sabas como piolla vella.

E observas con asombro que a túa nai coñece os segredos da vida e agora no tendal penduras a memoria branca e o seu recendo asolaga os recantos dos teus espazos íntimos.

Datos importantes:

  • Data: 23 de setembro de 2023
  • Relator: Miro Villar
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2303007
  • Lugar: Cee
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miro Villar en Cee
Roteiro Miro Villar

G2302002 Aproximación aos novos currículos

Summary: 

Contextualización do currículo para partir do novo modelo educativo e análise dos cambios introducidos na LOMLOE.
Gallego

Na xornada G2302002  Aproximación aos novos currículos que se celebrará o 30 de setembro de 2023 abordaremos a contextualización do currículo para partir do novo modelo educativo e analizaremos os cambios introducidos na LOMLOE: estrutura curricular, elementos curriculares e relación entre eles.

G2302002

G2302002 Aproximación aos novos currículos

Summary: 

Contextualizacion do currículo a partir do novo modelo educativo e análise dos cambios introducidos na LOMLOE.
Gallego

Na xornada G2302002  Aproximación aos novos currículos que se celebrará o 30 de setembro de 2023 abordaremos a contextualización do currículo a partir do novo modelo educativo e analizaremos os cambios introducidos na LOMLOE: estrutura curricular, elementos curriculares e relación entre eles.

G2302002

S2301024 - Comunicación eficaz docente

Summary: 

Gustaríache ter unha comunicación efectiva na túa aula?
Gallego

Gustaríache captar toda a atención do teu alumnado cada vez que impartes clases?

Queres mellorar a túa forma de te expresar?

Queres cambiar a túa linguaxe corporal?

Sentiches que algunhas veces o alumnado se aburriu contigo?

Se te sentes identificado con estas situacións, seguro que che convén aprender e levar á práctica o que che imos contar neste curso.

 

 

  • Datas:
    • Outubro:
      • 5 (xoves)
      • 10 (martes)
      • 19 (xoves)
      • 26 (xoves)
    • Novembro
      •  2 (xoves)
      • 9 (xoves)
  • Horario: 17:00 a 20:30h
  • Relator: Santiago Martínez Suárez
  • Código en fprofe: S2301024
Comunicación eficaz docente
S2301024 - Comunicación eficaz docente

S2301043 Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa

Summary: 

Curso de 20 horas e 25 prazas que se levará a cabo os mércores do 20/09 ao 25/10 de 2023 en horario de tarde na aula 9 do CAFI, en R/Lamas de Abade s/n, en Compostela. Elaboraranse programacións didácticas en PROENS, revisaranse os usos habituais de XADE e os seus informes e, tamén, manexaranse AbalarMóbil e AbalarPro, entre outras ferramentas corporativas.
Gallego

Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa

Curso presencial de 20 horas e 25 prazas

Código de inscrición en FPROFE: S2301043

Data límite de inscrición: 06 de setembro de 2023

 

  • Lugar. Datas e horarios: aula 9 do CAFI. 20/09, 17-21h; 27/09, 17-20h.; 04/10, 17-20h.; 11/10, 17-21h.; 18/10, 17-20h.; 25/10 17-20h.
  • Competencia dixital docente, nivel Básico
    • Compromiso profesional
    • Avaliación e retroalimentación
  • Para todas as ensinanzas e corpos.
  • Obxectivos:

1.Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.

2.Empregar a aplicación XADE para a avaliación e o control de asistencia do alumnado.

3.Xestionar a comunicación coas familias a través das ferramentas espazo abalar, abalarMóbil e abalarPro.

  • Contidos:

1.O novo currículo galego e a programación didáctica.

2.A elaboración da programación didáctica na aplicación Proens.

3.Acceso a XADE e proceso de avaliación do alumnado.

4.Introdución das faltas de asistencia en XADE.

5.Obtención de informes estándar e personalizados en XADE.

6.Comunicación coas familias a través das ferramentas espazo abalar, abalarMóbil e abalarPro.

Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa
Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa

Formación para profesorado en inglés

Summary: 

Niveis B2, C1 e C2
Gallego

O inglés é a lingua vehicular do momento para desenvolver moitos dos proxectos europeos nos que estamos inmersos. Polo tanto, se a amar o ensino, lle sumas poder transmitir coñecementos nun ámbito fundamental, a satisfacción é dobre pero, para iso, hai que estar ben preparado. Unha formación continuada no profesorado é imprescindible para non quedar obsoleto e preparar de forma axeitada os teus alumnos e proxectos.

Así que xa o sabes, seguir a estudar e realizar algún dos nosos cursos é fundamental para seguir a medrar como profesional.

Aberto o prazo de inscrición para realizar cursos de Formación para profesorado en inglés.

  • G2301068 nivel B2
    • De luns e xoves
    • De 18:00 - 20:00h
    • EOI de Santiago de Compostela - Sección do Sar

 

  • S2301069 nivel C1
    • De luns e xoves
    • De 16:30 - 18:30h
    • EOI de Santiago de Compostela - Sección do Sar

 

  • S2301070 nivel C2
    • De luns e xoves
    • De 16:30 - 18:30
    • EOI de Santiago de Compostela - Sección do Sar
Formación para profesorado en inglés

G2303009 - Roteiro polos espazos vitais e literarios e Gustavo Adolfo Bécquer e Antonio Machado en Sevilla

Summary: 

A Sevilla de Machado e Bécquer
Gallego

Esta luz de Sevilla... Es el palacio

donde nací, con su rumor de fuente.

     (Antonio Machado)

Da Macarena ás Delicias. De San Jerónimo a San Lorenzo. Do Palacio de las Dueñas á igrexa de San Juan Bautista.

Gustavo Adolfo Bécquer naceu o 17 de febreiro de 1836 na rúa Conde de Barajas. Antonio Machado naceu nunha das vivendas de aluguer di palacio de las Dueñas o 26 de xullo de 1875.

 

Sevilla está repleta de lugares que marcaron a vida e a obra de Gustavo Adolfo Bécquer e de Antonio Machado, dúas dos máis destacados poetas. Os seus poemas e escritos están trufados de referencias directas a esa cidade idealizada da súa infancia e mocidade, distinta á que se atoparon ao seu regreso de Madrid.

"...y cuando la muerte pusiera un término á mi existencia, me colocasen para dormir ef sueño de oro de la inmortalidad á la orilla del Bétis; al que yo habría cantado en odas magníficas, y en aquel mismo punto adonde iba tantas veces a oír el suave murmullo de sus ondas. Una piedra blanca con una cruz y mi nombre, serían todo el monumento".

      (Gustavo Adolfo Bécquer)

  • Data: 9 de decembro.
  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.
  • Relatores: Tomás Puntas (parte de Antonio Machado) e Pilar Alcalá García (parte de Gustavo Adolfo Bécquer).

 

 

Roteiro polos espazos vitais e literarios e Gustavo Adolfo Bécquer e Antonio Machado en Sevilla