S2301043 Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa

Curso de 20 horas e 25 prazas que se levará a cabo os mércores do 20/09 ao 25/10 de 2023 en horario de tarde na aula 9 do CAFI, en R/Lamas de Abade s/n, en Compostela. Elaboraranse programacións didácticas en PROENS, revisaranse os usos habituais de XADE e os seus informes e, tamén, manexaranse AbalarMóbil e AbalarPro, entre outras ferramentas corporativas.
Mér, 12/07/2023 - 15:00
Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa
Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa

Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa

Curso presencial de 20 horas e 25 prazas

Código de inscrición en FPROFE: S2301043

Data límite de inscrición: 06 de setembro de 2023

 

  • Lugar. Datas e horarios: aula 9 do CAFI. 20/09, 17-21h; 27/09, 17-20h.; 04/10, 17-20h.; 11/10, 17-21h.; 18/10, 17-20h.; 25/10 17-20h.
  • Competencia dixital docente, nivel Básico
    • Compromiso profesional
    • Avaliación e retroalimentación
  • Para todas as ensinanzas e corpos.
  • Obxectivos:

1.Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.

2.Empregar a aplicación XADE para a avaliación e o control de asistencia do alumnado.

3.Xestionar a comunicación coas familias a través das ferramentas espazo abalar, abalarMóbil e abalarPro.

  • Contidos:

1.O novo currículo galego e a programación didáctica.

2.A elaboración da programación didáctica na aplicación Proens.

3.Acceso a XADE e proceso de avaliación do alumnado.

4.Introdución das faltas de asistencia en XADE.

5.Obtención de informes estándar e personalizados en XADE.

6.Comunicación coas familias a través das ferramentas espazo abalar, abalarMóbil e abalarPro.

Menús CAFI node R

 

Sección