G2202133 - Xornada do Día das Letras Galegas. Francisco Fernández del Riego
O salón de actos do Pazo de San Roque acollerá unha xornada formativa sobre Francisco Fernández del Riego. Esta actividade que se realiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, consta de dous elos importantes para o noso profesorado. Por un lado intervirán grandes coñecedores da vida e da obra do escritor laurentino: Víctor Freixanes (presidente da Real Academia Galega), Malores Villanueva (IES Álvaro Cunqueiro de Vigo), Armando Requeixo (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), Ramón Nicolás (IES Castelao de Vigo), Héctor Cajaraville (IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela), Patricia Arias Chachero (IES de Sar de Santiago de Compostela), Amancio Liñares (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades)... e, por outro lado, participarán os centros gañadores dos concursos-exposicións das Letras galegas nas categorías A e B, así como un amplo abano doutro tipo de experiencias educativas de centros que traballaron o autor homenaxeado.
- Código en fprofe para a inscrición: G2202133
- Datas: 20 e 27 de abril e 4 de maio
- Horario: de 17:30 a 20:30
- Lugar de celebración: podese participar presencialmente no Pazo de San Roque ou ben por videoconferencia