G2203011 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo
Que Mondoñedo era unha cidade culturalmente sobranceira antes de Cunqueiro vir ao mundo é algo ben sabido. Mais tamén o é que dende que este xenial escritor andou as súas rúas nada foi para a vella capital do Reino de Galicia como ata entón fora, ata o punto de que hoxe non se poden percorrer cabalmente as paisaxes mindonienses sen o guieiro do mundo literario que este soñou para elas. Falar de Mondoñedo é, en moitos sentidos, falar dese extraordinario señor das palabras que se chamou Álvaro Cunqueiro e que, dalgunha maneira, acabou por refundar a xeografía dunha terra sempre pródiga en artistas.
Non se pode comprender ao escritor Álvaro Cunqueiro sen Mondoñedo e a súa comarca. Este roteiro camiña, da man da biografía e os textos literarios, polos territorios que fecundaron a imaxinación do autor.
- Código en fprofe: G2203011
- Relator: Armando Requeixo Cuba
- Lugar: Mondoñedo
- Data: 22 de abril de 2023