Metodoloxías activas para o profesorado en prácticas. Dinámicas interactivas para fomentar a creatividade e a aprendizaxe autónoma
Fomenta a creatividade e a aprendizaxe autónoma a través das Metodoloxías Activas.
Ven, 17/02/2023 - 12:39
Realizarase un percorrido por diversas metodoloxías activas como: a Aprendizaxe por Proxectos, a Aprendizaxe Cooperativa e a Gamificación, ademais de visualizar inspiradores proxectos de Aprendizaxe e Servizo baseados nas necesidades da contorna.
O curso componse dun total de 20 horas: 14 horas de carácter presencial e 6 horas de traballo persoal en horario flexible.
- Data de inicio do curso: 9 de marzo.
- Inscricións abertas en Fprofe ata o 27 de febreiro co código S2201117.