!Este ano o noso horto está precioso!
O que outros anos case que era unha iniciativa particular estase a converter nun proxecto do que todos/as nos sentímos moi orgullosos.
Tiñamos un horto detrás do colexio atendido por un grupo de nenos e nenas, pero vendo o ben que funcionaba comezou a medrar.
Temos moito terreo pero como está moi inclinado vémonos obrigados a traballar en terrazas. A partires de aquí e con moito esforzo habilitouse unha zona para o cultivo na parte máis alta e soleada do colexio.
As tarefas que alumnos/as e profes levan a cabo son: preparación do terreo, limpeza do mesmo, sementeira, estercado, recolección e posterior venta.
Todo comeza con semilleiros que se fan de distintas hortalizas e verduras: repolos. cabaciñas, leitugas de inverno, cenorias... Tamén se plantaron nabos, tirabeques, fabas, verzas, escarola, espinacas, allos porros, ravos, cebolas, allos, acelgas e patacas...Agora estamos a sementar plantas aromáticas: melisa, xarxa, asubiote, menta, romeo e tamén algunhas flores. Emprégase para os semilleiros recipentes de refugallo como botes de iogures, botellas baleiras, etc.
Aprendemos moito e estamos moi orgullos da nosa colleita: queres ve-la. Galería fotográfica