Os pequechos de 3 anos A e 3 anos B visitan a súa parcela no Horto escolar para traballar a terra e plantar sementes.Nesta ocasión tocaron fabas, mentres esperamos a que as nosas cenorias estén listas para transplantar. Unha primeira toma de contacto sementando e regando. Unha experencia moi gratificante.