Skip to Content

Horto escolar

Preparando a terra

 

10 de marzo

 

Aquí temos ó alumnado de 6º preparando os bancais para sementar as plantas do semilleiro que están comezando a xerminar.

 

Estamos de recollida

A natureza segue o seu curso... e bastante asombrados e asombradas o alumnado de 6º de primaria recolleu a colleita: tomates amarelos, pementos verdes, berenxenas cenorias, remolacha, apio...

(Preme na imaxe e verás os mellores momentos da colleita)

 

Alguns dos produtos recollidos

berenxenas

pementos

tomates 

A HORTA ESCOLAR 2015/16

Con Impórtanos e Amigos da Terra

 

Ao longo deste curso e a pesar de que a choiva non deu tregua, conseguiuse organizar unha pequena horta escolar e comezar con ela un proxecto baseado no acercamento á natureza e aos recursos que achega, á valoración da agricultura,  da alimentación e da saúde, no respecto ás mulleres e aos  homes que co seu esforzo e saber traballan neste campo,  e, asemade, na concienciación de que todos os cambios que se producen acotío no mundo repercuten -e non sempre do mellor xeito- no medio ambiente, na economía, na cultura, na sociedade e, en definitiva, na vida de todas e todos nós.

Co compromiso e a ilusión de mestras e mestres, nenas e nenos e sempre baixo a guía de Belén Fervenza, sementamos leitugas, tomates, porros, lombarda, repolo, pementos …   coidamos os sementeiros, cavamos,  plantamos na horta, regamos, empregamos pás, sachos e regadeiras, algunhas ata elaboradas con material de refugallo, pero ferramentas ao fin e ao cabo!!!

 

Esperamos seguir aprendendo e medrando moito tod@s xunt@s!!!

 

SEMENTANDO

 

 CAVAR, PLANTAR, REGAR .... E APRENDER XUNT@S

   

 

 

Visitamos a horta no mes de agosto, e comprobamos que a natureza segue o seu curso:

CHARLA NAVEGA CON RUMBO

O xoves 24, David Ramos, da Escola Profesional de Enxenaría e informática de Galicia (CPEIG), dentro do programa Navega con rumbo, explicou ó alumnado abalar as claves para unha navegación segura.

alumnos

Falounos da importancia de manexarse ben pola rede; dos perigos, ós que estamos expostos; e dos coidados que debemos ter cando navegamos.

Empregamos a internet para achegarnos ó coñecemento, para comunicarnos en grupo, como entretemento e ocio, pero temos que saber que poderemos atoparnos con contido erróneo e inadecuado.

Durante a charla recibimos pautas para navegar seguro e recomendounos ó alumnado que cando teñamos dúbidas  preguntemos os nosos pais/nais ou mestres.

Como podedes ver na seguinte reportaxe fotográfica o alumnado estuvo ben atento.

 

Moitas grazas David, por unha charla tan interesante e amena.

exercicio1 con drupal

A sementeira

 

Xa comezou a primavera e este tempo anima ao traballo no horto escolar. Xa fai dúas ou tres semanas,  os/as alumnos/as de 6º, coordinados pola súas titoras Marisa e Celsa, sementamos algunhas sementes e plantamos varias plantas. Así podemos ver xa: allos, amorodos, verza galega,  gladiolos, rabos, tulipáns, leitugas, patacas, espinacas, ervellas,tomates, perexil, petunias, rosais, hortensias, etc. Da gusto aprender traballando ao aire libre e ver o axiña que medran as plantas cada día. Cúmprese o refrán " fai máis o verán que o temperán".

 

 

A rosa é a miña flor preferida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut