Skip to Content

5 anos 20/21

CON QUÉ PODO TAPAR ESTE VACÍO?

Na sesión de alternativa traballamos o conto " Vacío". Nos poñemos no lugar de Xulia , a protagonista do conto, cando despois dun cambio importante na súa vida se sinte triste e un vacío enorme ocupa o seu estómogo. Cómo podemos comportarnos e que estratexias podemos utilizar para ir cubrindo este vacío. Amigos, familia, viaxes, cores , música... son moitas as opcións coas que podemos contar.

Na clase de 5 anos B traballamos este conto ilustrado que nos encanta e así de bonito quedou o noso traballo

 

 

" EU CONFíO EN ...."

Na sesión de valores quixemos traballar o significado da palabra "Confianza" . Que sinto cando confío en alguén e que me aporta no meu día a día nas relacións con esa persoa. Por iso quixemos facer algunhas dinámicas por parellas e algún xogo grupal . Foi unha sesión moi divertida e que nos aportou moito e sobretodo nos axudou a confiar nos demais e como nón en nós mesmxs.

 

IOGA, MEDITACIÓN E MIDFULNESS

Nestes momentos que estamos a vivir de incertidumes, cambios, confinamentos, limitacións.... moitas veces nos sentimos intranquilos, con estrés, ansiosos.... Isto o notamos os mestres no noso alumnado e en nós mesmos. Por iso na aula de 5 anos B quixemos poñer en práctica técnicas de ioga, meditación e midfulness que é ben sabido dos seus beneficios. Ademais de pasalo xenial , isto nos axuda moita á concentración e a reducir os nosos niveis de ansiedade. Cada día que pasa notamos máis a posta en práctica destas técnicas milenarias.Vós animamos a prácticalo na casa e tamén nas aulas. 

 

 

Para a súa realización levamos a cabo diferentes posturas de ioga, técnicas en parella utilizando diferentes materiais sensoriais e exercicios de meditación para activar á mente. Aquí vos deixamos unha lista dos materiais que utilizamos na aula e un pequeno video resumo dalgunhas das nosas sesións. 

 

 

 

 

PASENIÑO POLA LECTOESCRITURA

O proceso lectoescritor é o inicio da lectoescritura son procesos madurativos que non todos os nenxs acadan ao mesmo tempo. É un proceso que debe proporcionar ledicia e necesita de moita seguridade e autoconfianza. Como en todo proceso educativo os materiais manipulativos e motivadores xogan un papel fundamental. Por iso na aula de 5 anos B nos divertimos moito cando traballamos na aula estos aspectos.

 

 

TANGRAM: XOGANDO E APRENDENDO

Ademais das regletas e outros xogos de lóxica-matemática , na clase de 5 anos B utilizamos diferentes materiais que existen dende moito tempo pero que son un recurso fantástico , divertido e que nos axudan a introducir conceptos de xeometría plana ,desenvolvendo así capacidades psicomotrices e permitindo ligar a manipulación correcta coa formación de ideas abstractas. 

Neste caso falamos do Tangram ,un xogo chino moi antigo pero cun gran valor pedagóxico.

Por outra banda nesta ocasión ligamos a utilización deste material co proxecta " Amigos de corazón" traballando co tangram as figuras relacionadas coas mascotas.  Manipulamos e creamos, pintamos e despois representamos. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut