Skip to Content

5 anos 20/21

Gaudí 5 anos

Os nenxs de 5 anos fixemos un pequeno proxecto sobre Antonio Gaudí, a súa vida e principais obras.Quedamos moi impresionados pola viveza das suas cores e a presencia da natureza en todos os seus traballos.

As vidrieiras nas obras de Gaudñí chamáronnos a atención pola súa extraordinaria viveza de cores e representación de elementos naturais(vexetais,animais,...)

Por iso decidimos crear as nosas propias vidieiras dándolles o noso propio toque persoal inspirado na primavera.

 

" UNS COELLOS DE CINE: NA PROCURA DOS OVOS DE PASCUA"

O alumnado de 5 anos para festexar a Pascua e a chegada da primavera , quixeron levar a cabo unha procura de ovos perdidos. As personaxes desta búsqueda son todo coellos famosos de cine: Pompón, Bugs Bunny, Roger Rabbit,Tambor.... Percorremos todo o cole ata atopar os ovos perdidos!!!!

 

 

NA PROCURA DAS LETRAS!!!CONSTRÚE PALABRAS!!!

 No areeiro apareceron unha morea de letras e uns carteis para compoñer relacionados co vocabulario do proxecta "Amigos de corazón". Como nos gusta a lectoescritura e aínda máis se é de xeito sensorial e coa area!!!

"NON QUERO O PELO RIZO" FOMENTANDO A AUTOESTIMA

Ter unha boa autoestima , ter conciencia dun mesmo, coñecer as nosas partes positivas e aquelas nas que podemos ter maior dificultade, é un xeito importante para desenvolvernos social e sobreotodo emocionalmente. Por iso na clase de 5 anos B na sesión de valores quixemos traballar a nosa autoestima a través do conto " Non quero o pelo rizo" e a través dun xogo de conciencia corporal onde os compañeiros debían debuxar a nosa cara e comentar despois as semellanzas coa real. 

" As rapazas tamén poden..."Recomendación día da muller

Na clase de 5 anos quixeron traballar o conto "As rapazas tamén poden/os rapaces tamén poden" da Editorial Astronave. Un conto que nos encanta e nos fai analizar con detalle que tanto os rapaces como as rapazas podemos facer todo o que nos propoñamos. Neste día 8 de marzo onde conmemoramos o día da muller ten se cabe unha maior importancia.
Distribuir contido


by Dr. Radut