Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

Premio Vigolandia 2016

A alumna, Vega Cristina, de 6º conseguiu este ano o premio de Vigolandia polo seu debuxo: "Pon cor ó Nadal"

Na galería do Concello o Sr. Alcalde en compañía da Concelleira de Educación, Olga, máis os patrocinadores do evento reuniron ós/ás gañadores/as de todos os colexios para darlles unha morea de agasallos.

Vega recolleu os agasallos da man do Sr. Alcalde en compañía da mestra Luz, a súa tirora e a súa nai. Cando chegou ó cole mostrou a todos os seus compañeiros todo o que lle regalaran. Todos pousaron moi felices para a foto.

Noraboa, Vega, excelente traballo!

Homenaxe a Rosalía de Castro

O Venres 17 de febreiro fixemos un pequeno e sinxelo homenaxe á escritora "Rosalía de Castro", baixo o lema:

#RosalíaTE

Por un intre todos e todas fomos Rosalía, preme na imaxe, atoparededes moita arte:

Guardar

Guardar

FACENDO UNHA ÁRBORE PARA O NADAL

Os alumnos e alumnas de 2º A e B fixemos unhas árbores cos seus adornos para ambientar os noso corredor e darlle un toque navideño. Aquí tedes as imaxes dos nosos traballos.

 
 
 

Guardar

Aprendemos as letras

Practicamos coas letras

Guardar

Graduación de 6º de primaria 2016

O noso alumnado de 6º celebraron a súa graduación o martes 14 en presenza de numerosos familiares.

 

Despois da xornada escolar habitual xantaron no salón de actos acompañados de mestras e de nais organizadoras do xantar. A continuación, nun acto moi sinxelo e emotivo, onde non faltaron as bágoas, foron graduados . Entraron no salón de actos ó ritmo de "Gaudeaum is Igitur" e visionaron un vídeo de distintos momentos vividos durante os anos que estiveron no Frian.

Despois as súas titoras, Luz, Conchi e Charo (titora na súa época de Educación Infantil) impuxéronlle unha banda, un birrete e déronlles un agasallo mentres quedaban retratados.

Non podía faltar o lanzamento dos birretes nas escaleiras de entrada que quedou inmortalizado na seguinte foto.

 

 

Lembrade que Frian, sempre será o voso cole!

Distribuir contido


by Dr. Radut