Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

Xornada de acollida no IES República Oriental do Uruguai

O alumnado de 6º de primaria visitou o IES República Oriental do Uruguai (ROU) para realizar unha xornada de acollida. Fomos camiñando dende o colexio, o tempo acompañaba, e as distancias non son moi grandes.

Alí esperábannos para presentarnos o proxecto deste ano; facendo  de mestres de ceremonias, antigos alumnos/as de Frian. Que orgullo!

Ensináronnos distintas dependencias do centro: a biblioteca, a aula de bilingüe, o laboratoiro, o horto, etc. Compartiron connosco un obradoiro de ciencia, onde sorprendéronnos con moitas actividades; participamos nunha demostración de robótica...

Agasalláronnos cunha estupenda merendola e conseguimos que nos convidaran a representación de "Romeo e Julieta", pero iso é outra historia....

 

Vémonos axiña!

RECICLANDO CON DINOSETO E DINOSETIÑO

Os alumnos e alumnas de 2º A e B gozamos dunha xornada moi divertida aprendendo a reciclar con Dinoseto e Dinosetiño. Ademáis de ver como debemos separar os nosos desperdicios pasamos unhas risas cos nosos amiguiños. Tamén cantamos un rap e recibimos un agasallo. Aquí podedes ver as nosas fotos.

 

VISITA AO MERCADO DO PROGRESO

O día 2 de maio todos os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria visitamos o mercado do Progreso. Ademáis de aprender como facer a compra aprendemos moito sobre a dieta saudable. Tamén fixemos de cociñeiros e cociñeiras. Aquí tedes o resultado!

 

Ecos do Día de Rosalía, #RosalíaTe

 Os rapaces e rapazas de 3º B convidámosvos a que vexades este traballo que fixemos durante o mes de febreiro sobre a vida de Rosalía de Castro.

Nel poderedes gozar dos nosos debuxos e de imaxes sobre lugares, familia da nosa poeta máis internacional.

As máquinas, Ciencias Naturais 6º

O alumnado de 6º A despois de repartir o traballo do tema "As máquinas", coa metodoloxía de traballo cooperativo, investigaron, reflexionaron, tomaron anotacións e realizaron a súa exposición:

 

  • As máquinas
  • Tipos de máquinas
  • As poleas
  • Os planos inclinados
  • As pancas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut