Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

RESIDUOS ORGÁNICOS

Unha nova actividade na horta: recollemos residuos orgánicos da casa e da escola para ter o noso propio compost  o curso que ven.

FACENDO SEMENTEIROS

Facemos sementeiros empregando material de refugallo: caixas de cartón, vasos de iogur, cáscaras de ovos, botellas plásticas…

 

 

Dándolle vida ao noso lixo!!

 

CONTACONTOS " CROCODILO NAMORADO"4ºA

O alumnado de 4º A visitou as clases de 3 anos para realizar un contacontos moi especial. O conto escollido foi " Crocodilo namorado". A parte da súa lectura engancharon aos nenos cunha canción moi pegadiza e aproveitando a celebración do entroido realizarón máscaras de crocodilo cos mais pequenos. Unha experiencia moi enriquecedora onde pequenos e maiores  traballan xuntos. 

 Resultado de imagen de crocodilo namorado

MERENDA DE NADAL COMPARTIDA

MERENDANDO SAN  POLO NADAL NO FRIÁN




O día 21 de decembro o alumnado de 3º A e 3º B reunímonos para compartir e festexar o Nadal cunha merenda saudable, Karaoke e baile.

Antes de empezar tivemos unha sorpresa extraordinaria: VEU PAPÁ NOEL as nosas clases, saudou a todos e entregounos un agasallo doce.

Tras esta profunda emoción comezou a merenda, onde gozamos do sabor de moitosprodutos saudables: numerosos postres caseiros, os que trouxeron o alumnado de 3º B e 3º A, e de 6º e 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Frián Teis.

Froita variada: mandarinas, uvas, mazás e plátanos. Este último en forma natural e desecado. Así coma froita en almíbar.

Froitos secos variados e olivas.

Bocadillos diversos e pan con olivas.

Queixos en porcións e miniqueixos.

E outros produtos non saudables: galletas, patatillas, gusanitos e palomitas.



Unha merenda que foi un éxito por compartir, gozar e merendar SAUDABLEMENTE, e que logo continuamos con karaokes e bailes de Nadal.


 

FELICITANDO O NADAL




POSTAIS E MENSAXES DE NADAL SAUDABLES

Dentro do PDI do CEIP Plurilingüe Frián Teis:

Todos somos activ@s. Súmaste?

O grupo de 3º B escollemos o tema VIDA SAUDABLE.

Na época do Nadal realizamos varias actividades de vida saudable: merenda saudable, karaokes e bailes compartidos con 3º A e elaboración de Postais de Nadal, unha para o centro e outra específica de produtos saudables.

Nesta ocasión os alumn@s  de 3º B elixiron as personaxes que ían decorar as súas postais practicando deportes, para levar unha auténtica vida saudable, aportando tamén algúns consellos saudables para estas datas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut