Por segundo ano consecutivo participamos, grazas ao servizo de deportes da xunta co seu programa XOGADE, no campionato de Campo a través de Zamáns.
Por mor do mal tempo, o día tardou moito en chegar, xa que se suspendeu ata en dúas ocasións. Pero grazas a iso, chegamos á carreira con máis ganas que nunca e o terreo estaba en perfectas condicións. Gozamos deste desafío deportivo nun ambiente de amizade e solidariedade entre os participantes, demostrando non soamente a nosa capacidade física, senón tamén forza mental e sacrificio.
Ao cruzar a liña de meta, a fatiga transformouse en satisfacción polo traballo de superación persoal realizado. Sensación que levou a todos os participantes a querer participar de novo o vindeiro ano.
Agradecer a entidade organizadora o traballo realizado, que nos consta foi moi minucioso, porque grazas a eles resultou todo un éxito que celebramos bailando co DJ que amenizou toda a xornada.
Vémonos no 2024!