Os nenos/as de 3 anos fixemos unha representación do movemento que produce o vento do outono nas follas das árbores para terminar caendo ao chan.
Esta representación acompañámola cantando unha bonita canción:
“Outono chegou
marrón e amarelo.
Outono chegou
e follas secas nos deixou…”
Despóis de coller as follas do chan clasificámolas e descubrimos como son as follas dos castiñeiros e como son as follas do carballo. Debuxamos unhas árbores e nelas pegamos as follas iguais. E así quedáronnos as dúas árbores na nosa aula: