Skip to Content

Celebracións

Celebracións

CUMPREANOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2016

O día 18 do pasado mes marzo celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos entre xaneiro e marzo deste 2016. Xa vai máis da metade do curso pero co ben que o pasamos e co felices que estamos non temos gañas de que remate... Que ricas estaban todas as tartas e postres, e cómo nos divertimos! A verdade é que Frianciño está desexando que cheguen as celebracións dos nosos cumples para vir a celebralos con nós. Xa nos queda unha soa celebración neste curso. Ata daquela!

 

ANIVERSARIO 1º TRIMESTRE 2015/16

FESTA DE CUMPREANOS DOS QUE CUMPREN ENTRE OUTUBRO E DECEMBRO O pasado xoves 17 de decembro foi a data elexida para festexar os cumpreanos dos nenos e nenas que cumpren anos no último trimestre do ano, entre os meses de outubro e decembro. Coas festas de nadal moi preto, se xuntamos festa de cumpreanos, véspera de vacacións e nadal, todo xunto, provoca un ambiente moi pero que moi festivo, e isto viuse reflexado nas caras dos nosos nenos e nenas, que o pasaron realmente ben, practicando para as celebración navideñas que estaban por vir...

 

XOGOS MAGOSTO 2015

E CHEGOU O MAGOSTO!!!!

Aínda comenzou onte o cole (íso parécenos) e xa estamos celebrando o magosto. Este ano coincidiunos no martes 10 de novembro, e como en anos anteriores participamos na edición: " POLO SAN MARTIÑO, CASTAÑAS E XOGUIÑOS " , sendo esta a 5ª edición.

Este ano os xogos  foron: carreiras de sacos, a recolleita e a pesca. Acabamos cansos e acalorados, pero como nos divertimos!!!

 

MAGOSTO 2015

CASTAÑADAAAAAA!

Non hai nada mellor para repoñernos e tan tradicional como as castañas. Xa tiñamos gañas de probalas, botábamolas de menos, igual que a Manolo, o noso antigo conserxe, que outro ano máis, veu ao cole a  asalas para nós...

 

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE 2015

O pasado mes de outubro festexamos os cumpreanos dos nosos nenos e nenas que cumpriron anos nos meses de xullo, agosto e setembro. Foi a primeira celebración deste curso 2015-16 , e coma sempre disfrutamos todos, profes e alumnos/as, dunha xornada moi festiva e divertida.

   Comemos, bebemos, bailamos, cantamos ... e o máis importante, compartimos xuntos, unha vez máis, unha das celebracións especiais do ano.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut