Skip to Content

AS FOLLAS DO OUTONO

Os  nenos/as de 3 anos fixemos unha representación do movemento que produce o vento do outono nas follas das árbores para terminar caendo ao chan. 

Esta representación acompañámola cantando unha bonita canción:   

      “Outono chegou

       marrón e amarelo.         

       Outono chegou            

      e follas secas nos deixou…”

Somos follas

 

Somos follas


 

Somos follas 

Despóis de coller as follas do chan clasificámolas e descubrimos como son as follas dos castiñeiros e como son as follas do carballo.

 Debuxamos   unhas árbores  e nelas pegamos as follas iguais.    E así quedáronnos  as dúas árbores na nosa aula: 

Castiñeiro e carballo

 



page | by Dr. Radut