Antía e Conchi recollendo o premio
O pasado sábado 2 de Xuño, os alumnos Noa Copero, Laura, Noel, Candela F., Aldara, Lola, Noa Carme, Brais, Ana e eu, Antía, (acompañados polos nosos familiares e profesores) viaxamos ata A Coruña para recoller o premio do concurso de prensa-escola. Fomos nun minibus ata o parque de Acea de Ama e, ao pouco de chegar, nos diriximos ao lugar onde se entregarían os premios e os diplomas.
A profe Conchi e mais eu tiñamos reservados uns asentos co noso nome e, os demais, sentaron ao fondo sen deixar nin nun momento de animarnos. Cando dixeron o meu nome dirixinme ata o escenario e sentín unha sensación indescriptible. A miña familia e os meus amigos gritaban o meu nome mentres os aplausos soaban e o director de “La Voz de Galicia” entregábame un enorme diploma e un sobre cuns billetes para unha viaxe a Madrid.
Foi un momento moi especial, que nunca esquecerei.
Ao baixar do escenario fixemos fotos coa miña familia, cos meus compañeiros e coas profes... e mesmo co conselleiro de educación Jesús Vázquez!
Cando rematou a entrega de premios fomos a comer unha hamburguesa ou unhas “salchi-patatas” e, despois, comezou a diversión... Primeiro botamos unha ollada aos concursos de hípica que alí había e tamén tivemos a oportunidade de visitar os diferentes obradoiros e as tendas das ONGs. Ás tres e media abriron os hinchables e alí pasamos un gran rato saltando, xogando á pita... e moitas cousas máis.
Tomamos xeados e granizados e, despois dun día de diversión, tocounos a retirada.
Para min foi un día inesquecible e espero que o pasarades tan ben coma min.
Crónica de Antía M.
Nova do xornal "A Voz de Galicia" 4 de xuño 2012
E NON DEBES PERDER DE LER; UNHAS VERBAS PRECIOSAS, DA MESMA ANTÍA, ADICADAS A TODOS E TODAS, NO BLOG DA BIBLIOTECA
GRAZAS ANTÍA!
BOTA UNHA OLLADA Ó SEU TRABALLO