Skip to Content

1º PREMIO NO CONCURSO OS/AS MELORES XORNALISTAS 2012

A nosa alumna, ANTÍA MARTÍNEZ PRADO, lévase o primeiro premio na novena edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil convocado polo programa Prensa-Escola , no que estamos a participar neste curso.

Cun alto nivel de participación, as interpretacións artísticas da realidade dos alumnos/as de primaria combináronse con textos artísticos de moita calidade, así a labor do xurado especializado foi moi difícil; aínda así, a nosa alumna, coa nova "Los cerdos vietnamitas...¿se mudan a Galicia" foi recoñecida como a mellor xornalista do nivel 2 (3º, 4º, 5º e 6º de primaria). 

noticia prensa

                                      Noticia no xornal "A voz de Galicia" mércores, 30 de maio de 2012, La Voz de la Escuela

Noraboa a Antía e familia! 

Noraboa ós/ás mestres polo traballo diario e por participar nestes programas!

Noraboa ó traballo da nosa Biblioteca, porque de seguro, que este premio, e froito do traballo realizado o pasado curso no apartado de formación de usuarios!

 

Os premios serán recollidos este sábado nunha festa que organiza a Voz de Galicia:

Premio para a alumna Antía Martínez: unha fin de semana en Madrid para catro persoas e entradas para o Parque Warner

Premio á mestra, Concepción Estévez Baspino: Unha estancia de dúas noites para dúas persoas nun hotel-spa de catro estrelas.



page | by Dr. Radut