O venres 31 de xaneiro recibimos a visita de o Sr.D. Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Educación acompañado do Sr.D. Manuel Corredoira López , Director Xeral de Educación; Sr.D. José Manuel Pinal Rodríguez , Director Xeral de Centros e Recursos Humanos; Sr.D. Cesar A. Pérez Ares , Xefe Territorial de Educación de Pontevedra e de Sr.D.Carlos Antuña, o noso Inspector de Educación.
A comitiva foi recibida no patio pola nosa Directora, Olga Alonso, e xa na primeira planta por un grupo de nenos e nenas de Educación Infantil e as súas mestras que lle cantaron a adpatación de "Pintando acuarelas" que prepararon na aula de Música co gallo do Día da Paz. A continuación o Sr. Consellerio fixo entrega dun agasallo ó colexio que recolleu a coordinadora da Biblioteca, Mónica Muñoz, polo Premio Nacional do noso proxecto "A Lingua sabe a pan". Atendeu a unha representación da nosa ANPA. Visitou dúas aulas abalar de primaria parándose a comentar os distintos murais que adornan as paredes do noso Centro. Por último, visitou a nosa Biblioteca e a directora fíxolle saber unhas melloras necesarias para o noso Centro.
Remataou a visita despedíndose dos mestres e mestras e dos nenos que esperaban para entrenar no comedor escolar.
Enlace á nova no Portal Web da Consellería de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria:
O martes 17 de decembro a ANPA realizou o tradicional Festival de Nadal de Actividades Extraescolares; aproveitaron o mesmo para facer pública a resolución do concurso de fotografía plantexado na "Andaina aos Muíños do Folón e do Picón"
O premio ó PDI da nosa Biblioteca "A LINGUA SABE A PAN", conquistou os medios de comunicación. Podedes velo no seguinte artigo do blog da Biblioteca "O lar de Frianciño"