Animación á lectura
CONTAVENRES "OS BONOBOS CON LENTES"
Este venres, David, Luca e Saúl, de 2º A, deleitáronos con "A historia dos bonobos con lentes", de Adela Turín, un texto que nos fala da importancia da igualdade, de non sentirnos superiores aos demais. Fixérono apoiados pola proxección das imaxes da historia e o resultado foi moi bo.
Moitas grazas, rapaces!
CONTAVENRES "A CEBRA CAMILA"
Hoxe, Lois, Mario, Celia, Alba e Lucía, de 5º A achegaron á nosa Biblioteca nin máis nin menos ca unha cebra! Si, si, o que estades lendo. Compartiron connosco a lectura do conto "A cebra Camila", de Marisa Núñez, unha tenra e deliciosa historia que nos fala dunha cebra que chora porque perde as súas raias e de como a solidariedade dos demais consegue que volva sorrir.
Fixérono moi, moi ben, e, por se fora pouco, trouxeron con eles á cebra Camila e á súa nai.
Grazas, contacontistas de 5º A! Noraboa polo voso traballo!
CONTAVENRES "SE EU FOSE MOI DELGADO"
Este venres, un neno e unhas nenas de 2º de Primaria leron e representaron o texto "Se eu fose moi delgado", de António Mota. Construíron monicreques e utilizaron o teatriño para representalo para todos os que quixeron achegarse á Biblioteca á hora do recreo.
Fixérono moi ben. Estanse convertendo en auténticos profesionais de contar historias.
Noraboa e moitas grazas!
CONTAVENRES "A ÁRBORE XENEROSA"
Hoxe, un grupo de alumnas de 2º de Primaria léronnos "A árbore xenerosa", de Shel Silverstein. Unha fermosísima historia que fala da importancia das árbores, da xenerosidade de quen dá todo.
Elaboraron monicrecres, montaron un teatrillo e fixérono de marabilla.
Son unhas artistas!
Noraboa e moitísimas grazas!
CONTAVENRES "¿HABRÁ UN RATÓN?"
Este venres, Daniela e Ainhoa, de 3º (ás que xa imos chamar "contacontos oficiais do cole") tivéronnos un tempo do recreo intrigados e intrigadas por se habería ou non un rato que facía que as cousas cambiaran. Léronnos "¿Habrá un ratón?", de Elena Hormiga e pasámolo moi ben escoitándoas.
Moitísimas grazas e a seguir lendo!
CONTAVENRES "OS PETOS DE LORETO"
Este venres, alumnas de 2º fixeron unha interpretación estupenda do texto "Os petos de Loreto", de Quentin Blake. E non só contaron e escenificaron a historia, senón que tamén interpretaron unha canción da mesma. Aquí tedes un vídeo dese momento (pedimos disculpas pola escasa calidade del, pero cremos que todos e todas seremos capaces de valorar o ben que o fixeron.)
O certo é que podían ser unhas contacontos profesionais. Así que, dende aquí só podemos dicirlles MOITAS GRAZAS" e NORABOA!
CONTAVENRES "O TIGRE QUE VEU TOMAR O TÉ"
Alguén coñece un tigre que vaia polas casas para merendar e tomar té na compaña de neno? Pensades que non pode ser? Pois si que é posible. Hoxe, Daniela e Antía García, de 4º B, con Daniella de 1º C, contáronnos a historia "O tigre que veu tomar o té", un texto de Judith Kerr, co que nos fixeron pasar un tempo moi ameno.
Grazas, rapazas!
Visitounos Chinto
Este venres 24 de marzo, o alumnado de 3º e 4ºEP disfrutou da visita do escritor Chinto (Pinto e Chinto). No vídeo podedes ver unha entrevista realizada por dous alumnnos.
CONTAVENRES: "GARAVANCIÑO"
Hoxe, Laura, Silvia, Sara, Ainhoa, Antía e Paula, de 2º A, contáronnos "Garavanciño", a adaptación do conto popular.
Interpretárono de marabilla, mesmo cantaron a canción de Garavanciño. Unhas verdadeiras artistas.
Noraboa e moitísimas grazas!
CONTAVENRES "MARUXA"
Hoxe, á volta de Entroido, na hora do recreo contamos o conto de "Maruxa", de Eva Mejuto.
Nel, por medio dunha historia divertida, descubrimos o importante que é compartir as tarefas, e como di ao final a historia:
"E desde aquel día,traballo e descanso... sempre en compañía!"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »