Animación á lectura
CONTAVENRES: "LOBO FEROZ"
Hoxe contamos a historia "Lobo Feroz", de Patacrúa, coa que rimos un pouco e caemos na conta de que hai lobos que máis que feroces son un pouquechiño papans.
Pasámolo moi ben e disfrutamos moito.
Coa escritora María Reimóndez
O alumnado de 3º e 4º tivo a oportunidade de coñecer a autora do libro "O Xeito das Froitas". Despois de moitas preguntas, curiosidades e sinaturas de libros, Sara e Bruno exerceron de periodistas nunha entrevista coa escritora que podedes ver a continuación.
MARÍA REIMÓNDEZ NO COLE
Un día despois do Día Internacional do Libro Infantil tivemos a grande fortuna de compartir un tempo con María Reimóndez, unha escritora comprometida co mundo no que vivimos. Compartiu con nós, alumnado de 3º e 4º de Primaria un tempo no que falamos sobre o seu libro "O xeito das froitas". Un libro no que unha rapaza, Iris, a través das froitas vainos facendo percorrer e entender moitas cousas da vida. Un libro que mestura alegría, humor, ironía, tristura, realidade e moita imaxinación a un tempo. Un libro que nos animou a "dar vida a algunhas froitas, tamén".
Gustounos moito o libro e gustounos moito a visita de María.
Grazas!
CONTAVENRES: "TRES HAN DE SER"
Hoxe tocoulle o turno ao texto "TRES HAN DE SER" de Darabuc, lido por alumnas de 3º de EP. Foron moi aplaudidas por todos e todas os que o escoitaron.
Desde aquí dámoslles as grazas e animámolas a seguir contando historias.
Grazas!
CONTAVENRES: "O GALO KIRIKO"
Esta vez, dúas grandes lectoras de 3º de EP, contáronnos o clásico "O galo Kiriko". Elas fixérono de marabilla e toda a rapazada prestou moitísima atención.
Esperamos que sigan facéndonos gozar coas súas lecturas.
Moitas grazas, rapazas!
CONTAVENRES: "BONITAS"
Para ter presente os estereotipos que temos de xénero, un grupo do alumnado de 4º de EP, representaron a historia de "Bonitas", un texto de Stacy McAnulty. Ao rematar, todo o grupo interpretou un fragmento da canción "Pégale a la pared", de Reily Barba.
CONTAVENRES: "VACAS NA CIDADE"
Esta vez Noa, Antía e Ana, de 6º de EP, fixéronnos pasar un tempo moi divertido coa lectura de "Vacas na cidade?", de An Alfaya.
Grazas, mozas! Sodes estupendas!
CONTAVENRES:"LA PRINCESA QUE QUERÍA ESCRIBIR"
Retomamos os nosos "contavenres", esta vez da man de Ángela e Daniela, dúas alumnas de 6º de Primaria que quixeron compartir con nós a lectura de "La princesa que quería escribir".
Este texto de Beatriz Berrocal fálanos da importancia de perseguir aquilo no que cremos, de que ser e/ou pensar diferente non é ningún problema.
Daniela e Ángela fixérono moi, moi ben, con moito sentimento.
Grazas, rapazas!
Contacontos con Celtia Figueiras
Xa rematando o curso tivemos a fortuna de que viñera ao noso colexio a contacontos Celtia Figueiras. Cos seus "xigantescos libros" conseguiu que todos e todas nos mergulláramos na súas historias, engaiolados pola súa voz e expresividade. Foi unha verdadeira delicia escoitala. Parabéns polo seu traballo e moitísimas grazas.
Aquí deixamos unha pequena mostra da súa animación.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »