Animación á lectura

E SEGUIMOS CONTANDO

Hoxe o protagonista do Contavenres foi o libro de Mon Daporta, "Un becho estraño".

Un ovo que se converte en rato e un rato que se converte en ovo.

Un conto que pode non rematar nunca se non deixamos de darlle voltas ao libro.

XA ESTÁN AQUÍ OS CONTAVENRES!

Ola a todos e todas!

Xa deron comezo os "Contavenres" deste curso. Deixámosvos aquí algunha foto das primeiras "contadoras de contavenres": Daniela e Ainhoa, que compartiron connosco o libro "Contín Contón", de Antón Cortizas.

Moitas grazas e noraboa!

Contando historias de medo

Na semana previa ao Samaín todo o alumnado disfruta de contos terroríficos contados por moitas nais, pais e profesorado. Dende aquí dámoslles as grazas pola súa colaboración.

Entregamos as mochilas viaxeiras

Aproveitando a celebración do día das bibliotecas, hoxe 23 de outubro, entregamos a dous representantes de cada aula, un par de mochilas cun contido seleccionado polo equipo de biblioteca e as titoras-es. Agora, a disfrutalo durante o resto do curso.

Gañadores contos compartidos 2016

Este ano presentáronse ao concurso un total de  27 traballos, estes foron os gañadores que recibiron os seus agasallos no Festival das Letras Galegas 2016.

Vera Otero Sánchez e a súa nai Mary Infantil 5 anos B

Laura Sobrino Galego e a súa nai Lucía. 1º A

María Aguión Lamas e Marta Lamas Castro. 2º B

Enara e a súa nai Annabel 3ºB

Eduardo Barros Escudero e Mónica Barros Grela de 4º A

Daniel Seara Cortés e a súa nai Ángeles Cortés Mouriño de 5º A

contos compartidos Laura Sobrino Galego

 

 

Encontros con autores: Andrea Maceiras

O pasado 7 de xuño foi o derradeiro encontro con autores do curso 15/16, con Andrea Maceiras.

Veunos a falar e compartir experiencias da súa vida profesional e do seu libro Volverás, golfiño que traballamos en clase.

Helena, Pablo Liste e Candela foron os encargados de realizar  a entrevista. Agardamos que vós guste.

Encontros con autores: Érica Esmorís

Érica tivo un encontro cos alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Juan Fernández Latorre. Como xa é habitual, aquí tendes a entrevista dentro da serie de encontros con autores deste curso 2015/16

 

CONTAVENRES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Deixámosvos aquí unha pequena mostra de sesións de contavenres realizadas por alumnado de distintos niveis na hora do lecer dos venres.

Lembrade que esta actividade á totalmente voluntaria, polo que hai que valorar moito máis a súa implicación.

Dámoslles as grazas a animamos aos demais e perder o medo e converterse en contadores de historias para os outros.

 

 

Con Xelís de Toro

Este xoves 17 de decembro, Xelís de Toro fixo un encontro co alumnado de 3º e 4º de EP, para falar dos seus contos para nenos. Aquí tedes o vídeo da entrevista.

Contos Terroríficos

Nestes días de celebración do Samaín na escola, introducimos esta actividade na que implicamos unha vez máis as familias. E unha vez máis encontrámonos desbordados, tanto pola cantidade de propostas imaxinativas, como pola calidade dos contacontos e a ilusión que poñedes na actividade. Grazas familias!!

Powered by Drupal - Design by artinet