Animación á lectura
CARAPUCHIÑO E A LOBA
O venres 15 de outubro, alumnado de 6º A deleituounos na Biblioteca cunha obra escrita por membros desa clase. "Carapuchiño e a loba" resultou unha amena historia baseada no conto tradicional, pero chea de novidades.
A asistencia foi moi numerosa e toda a rapazada quedou encantada con este contavenres.
Noraboa pola creatividade deste grupo e grazas por compartila con todos nós.
Aquí vai unha pequena mostra do vivido.
Saíron as mochilas viaxeiras
Xa están en ruta as mochilas viaxeiras. Un curso máis o equipo de profesores da Biblioteca, con Loli ao frente, poñen en marcha esta iniciativa que pretende apoiar o fomento da lectura no entorno familiar. Agardamos as vosas aportacións e suxerencias nos cadernos que conteñen as mochilas.
COMEZARON OS "CONTAVENRES"
Hoxe, venres 4 de outubro, comezou de forma oficial a novo curso na nosa Biblioteca.
Fixémolo coa lectura dun conto, "O segredo do Rei Curro", que realizou parte do alumnado de 5º de Primaria.
A asistencia foi moi numerosa e, aínda que o espazo non chegaba a moito, pasámolo moi ben.
Esperamos que cada venres alguén se anime a seguir contando historias.
Graciñas a todos e todas!
- APIs de Blogue
SEMANA DO CONTO: 10 ao 14 DE XUÑO
Durante a semana do 10 ao 14 de xuño disfrutamos dun conto cada día na biblio. Non quedaban venres dabondo para todos os contos que aínda estaban en proceso, por iso decidimos facer esta semana final de contos.
Tivemos a biblio chea todos os días, polo que seguro que o ano que vén ímos seguir téndoa chea, verdade que si?
Aquí vos deixamos as fotos de todos os contos e os sus protagonistas.
LA REINA TROTAMUNDOS EN CHINA
Para comezar a semana da interculturalidade que estabamos a celebrar no cole, na biblioteca, eliximos un conto que narra a historia dunha raíña un pouco trotamundos. que vai coñecer China.
Claudia, Clara, Sheila, Ángela, Adrián, Miguel, Martín, Álex, Yanira e Ale, da clase de 4º, foron os encargados de transmitirnos todo o que esta raíña tan viaxeira, atopou na súa viaxe pola China.
Deixámosvos unhas fotos do momento.
ROSA CARAMELO
SEMANA DO LIBRO 2013: Contacontos, biblioteca patio infantil, torre de libros...
Que marabilla de semana!!! Pasámolo fenomenal!! Todos os días había algo novo que contar!!
Que si a torre medraba máis, que si un conto diferente cada día na biblio, que si os nenos e nenas de infantil non tiñan case sitio para estar na biblioteca do patio de tantos nenos e nenas que querían ir...
En definitiva, ÉXITO TOTAL!!!
Grazas a todos por facelo posíbel!!!
Semana do Libro
Durante a semana do 22 ao 26 de abril conmemoramos o Día do Libro no Colexio con diferentes actividades. Dende a construcción dunha torre de libros preferidos entre todo o alumnado, pasando por contacontos diarios na Biblioteca, e ata un certame de elaboración de marcapáxinas. Todo coa finalidade de contribuir e fomentar o hábito de lectura e o cariño polos libros.
RITA
Este primeiro venres de abril que vai estar cheo de contos, tivemos o pracer de escoitar a Noa López, da clase de 2ºA, que contounos a historia de RITA, unha bolboreta un poco...pizpireta.
Deixámosvos unhas fotos dese ratiño que pasamos xuntos na biblio.
A RATIÑA FACHENDOSA
Había unha vez unha ratiña moi,moi fachendosa que....
De que libro estamos a falar???
Pois este foi o conto que prepararon os nenos e nenas de Atención Educativa de 5º B con axuda da súa titora, Carmen López, e dramatizáronolo na hora do conto.
Aquí deixámosvos as fotos do conto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »