Animación á lectura

CONTACONTOS DÍA DA BIBLIOTECA 2019

Comezamos cos nosos contacontos á hora do recreo. Para celebrar o Día da Biblioteca, lemos "La bibliotecaria de Basora", de Jeanette Winter. Unha fermosísima historia baseada nun feito real.

Na guerra de Irak, alguén decide poñer a salvo o que considera o maior tesouro: os libros.

CONTAVENRES: "UN GRAN SOÑO"

Hoxe, penúltimo día dos contacontos, Daniela e Zoe leron "Un gran soño", de Felipe Ugalde. Con esa historia fóronnos explicando como se formou a constelación do crocodilo.

Fixérono moi ben, con moito entusiasmo e mesmo tiveron un enorme crocodilo ao seu lado.

Merecen grandes felicitacións.

Parabéns!

Moitas grazas, artistas!

CONTAVENRES: "CUANDO UN ELEFANTE SE ENAMORA"

Hoxe, un grupo de alumnas de 4º de Primaria (Daniela, Claudia, Zoe e Martina) leron e escenificaron "Cuando un elefante se enamora", de Davide Cali. Había que ver todo o que era quen de facer aquel pobre elefante por amor.

Unha historia moi simpática, moi ben lida e moi ben escenificada (con pombas de xabón incluídas). Aquí temos, de seguro, unhas contacontos profesionais en pouco tempo.

Parabéns e moitas grazas!

CONTAVENRES: "SACAPENAS"

Esta vez, Eva e Ainoa leron "Sacapenas", de Anthony Browne.Amosáronnos como noutras culturas hai uns pequenos bonecos que axudan a que as preocupacións non nos impidan durmir; son os "sacapenas".

Fixérono moi ben e mesmo entregaron algúns deles para que o alumnado asistente á lectura puidese velos e tocalos.

Moitísimas grazas por tan boa lectura, rapazas!

 

CONTAVENRES: "EL LADRÓN DE LAS PALABRAS"

Hoxe, Laura, Ainoa, Daniela, Noa e Lucía, léronnos "El ladrón de las palabras", de Nathalie Minne. Descubríronnos que as palabras poden ser moi, moi fermosas e que as necesitamos para vivir cos demais.

Foi unha lectura estupenda.

Moitísimas grazas, mozas!

CONTAVENRES: "EL MONSTRUO DE LOS ABRAZOS"

Sabiades que cando alguén se enfada, pode chegar o monstro dos abrazos e fai que todo volva estar en paz.

Isto é o que nos contaron hoxe co libro "El monstruo de los abrazos", de Andrea Schomburg, Zoe e Claudia, de 4º de Primaria.

Rematamos dándonos todos unha aperta. Foi estupendo!

Moitísimas grazas!!

CONTAVENRES: "EL OTOÑO DEL ÁRBOL CASCARRABIAS"

Esta vez dúas alumnas Vera e Marta, de 2º de Primaria léronnos "El otoño del árbol cascarrabias", de Jordi Sierra i Fabra. Fixérono como unhas auténticas contacontos e aplaudíronlles moito.

Esperamos que pronto nos lean outra historia.

Moitas grazas!

CONTAVENRES: "PACO TROLAS"

Loli leu hoxe "Paco Trolas", de Roberto Aliaga. Un conto moi divertido que gustou a todos os que estaban na Biblioteca.

Pasámolo moi ben e rímonos moito.

CONTAVENRES: "O PITO CAIRO"

Hoxe, o protagonista da nosa historia resultou ser un pitiño moi especial.

Entre todos e todas, berramos alto e forte o que o pitiño dicía no conto: "kikirikí, as miñas moedas quéroas aquí!!" e resultou moi, moi  ben.

Contamos coa axuda inestimable de Carlitos, que non quixo separarse do libro.

 

CONTAVENRES: "NICOMEDES O PELADO"

Esta vez  dúas alumnas de 2º de Primaria compartiron connosco a lectura de "Nicomedes o pelado", de Pinto &Chinto.

Fixérono como verdadeiras profesionais e desde aquí só podemos dicirlles unha e outra vez: Bravo! Sodes unhas artistas!

Moitísimas grazas!

Powered by Drupal - Design by artinet