Ed. infantil
Recomendacións traballo Inglés semana 14 - 17 abril
Envío recomendacións de traballo de Inglés para a semana do 14 ao 17 de abril.
Para 4º, 5º e 6º de Infantil:
Envío 2 vídeos xa traballados parcialmente na clase:
Vídeo de Teddy´s Train con 8 cancións
Popurrí de cancións de Cantajuego en Inglés
PROPOSTA DE MÚSICA III
Aquí tendes dous cortos que podedes ollar cos rapaces:”Silly syphonies flowers and trees “(árbores e froles) e “Music Land” (o país da música).
Qué o disfrutedes! e unha aperta para todos! Begoña
MOITAS GRAZAS FAMILIAS: ANA
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS.
BUSCANDO TESOUROS
Neste tempo de quedar na casa, non podemos ir de viaxe por aí adiante. Pero si podemos converternos en piratas que percorren mares en busca de tesouros.
Aquí tes un mapa no que irás atopando eses tesouros que diferentes editoriais e plataformas poñen á nosa disposición de forma totalmente gratuita. Navegar polas historias e mergullarse nelas para vivir toda a súa maxia. Fai click nos botóns e xa verás.
Atréveste?
BAÍA EDICIÓNS: acceso gratuito a contos por idades (dous deles son de Cristina, a profe de Inglés do cole).
KALANDRAKA TV: un conto contado cada día (haino en galego e en castelán).
BRUÑO: acceso gratuito a varios contos.
XERAIS: acceso gratuito a varios contos de distinto nivel.
CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE: contos contados do colectivo Biblos Clube de Lectura.
PANDEMIA DE CONTOS: vídeo contos para diferentes idades (infantil, familiar e adulto) do colectivo NOGA narración oral galega.
CONTO DE BRUNO: vídeo conto de Bruno e a súa nai.
INICIATIVAS CONCELLO
Ola familias!!!
Deixámosvos aquí información sobre algunhas iniciativas que está levando a cabo o Concello no período da cuarentena: servicio de voluntariado, programa de beca comedor, talón restaurante, actividades infantiles, canguros a domicilo, entre outras.
Esperamos que os sexa de utilidade!!
PROPOSTA DE MÚSICA II
Deixovos dúas cancións coas que podedes bailar cos nenos: "Soy una taza" e "Eu son un artista", dous xogos de diferenciar e adiviñar sons: "Jugamos a escuchar los sonidos de la casa" e " Los sonidos de instrumentos musicales. Discriminación auditiva".
Espero que vos goste!
E ánimo a todos. Axiña nos veremos!
Profe Begoña
PROPOSTA PSICOMOTRICIDADE V
Anímaste a xogar co coelliño de Pascua?
Por cada reto superado, recibirás do coelliño de Pascua un ovo cunha pista para atopar as sorpresiñas que che escondeu pola casa (podedes deixarlles ovos de chocolate, adhesivos, debuxos...).
Preme na imaxe para abrir o recurso.
Moito ánimo e forza familias, cada vez queda menos!!! Profe Bea.
INFORMÁTICA
Moi boas, familias!
Ademais dos xogos online recomendados na entrada “Planificación dos días sen colexio” cos que xogamos nas clases de informática, e dado que esta situación se está alargando, déixovos dous novos xogos.
- Xoga con Fervello
É un xogo que fomenta o desenvolvemento de capacidades de aprendizaxe das 3 áreas de Educación Infantil.
Consta de 4 unidades cun total de 11 xogos para nenos de 3 a 5 anos.
Preme na imaxe para abrir o recurso.
- A pulga Leocadia
Consta dun conto interactivo e unha serie de actividades deseñadas especificamente para apoiar o desenrolo dalgunhas das nocións básicas do currículo de Infantil.
Para nenos de 2 a 5 anos de idade.
Preme na imaxe para abrir o recurso.
Ánimo! Unha aperta moi grande.
Profe Bea.
PROPOSTA PSICOMOTRICIDADE IV
Nesta nova proposta, déixovos nesta imaxe interactiva un conto motor (imos contando o conto e explicándolles os movementos a facer), un xogo dos animais da sabana africana (para imitar a súa forma de desprazarse), as pegadas dos animais (para repartir pola casa) e unha folla de explorador/a para saber de que animal son as pegadas.
Tamén inclúe a canción “De safari” do libro CD “As Maimiñas: unha viaxe polo mundo”, para compartir un ratiño de baile e expresión corporal.
Con esta proposta preténdese favorecer o desenvolvemento do control muscular e a coordinación, fomentar a intelixencia, creatividade, atención e fortalecer o vínculo afectivo coa familia.
Mándovos moitos biquiños e unha forte aperta!!! Espero co pasedes moi ben!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »