Ed. infantil

PROPOSTA DA ACTIVIDADE DE MÚSICA I

 Ola familias, déixovos uns pequenos cortos de disney para celebrar a primavera: Paxaros en primavera (birds in the spring) e Sinfonía da granxa (farmyard simphony). Este último, e aproveitando que vai vir o día das letras galegas, podedes irlle dicindo os nomes dos animais que aparecen: galiña-pitos, vaca-cuxo, ovella-año, égoa-poldro, cocha-leitóns... así como, o nome dos sons que fan: piar, muxir, balar, rinchar...

 

 Espero que vos atopedes ben, moito ánimo.

 

Profe:Begoña
 

 

 

PROPOSTA PSICOMOTRICIDADE III

Nesta actividade, pensando en integrar as TICS e a Psicomotricidade, elaborei un taboleiro con 25 retos moi divertidos para xogar en familia. Animádesvos a xogar?

Espero que o pasedes moi ben!!!

Na marxe inferior dereita tedes as instrucións do xogo. 

Apertas e moito ánimo!!! Profe Bea.

PROPOSTA PSICOMOTRICIDADE II

Ola familias,

Déixovos outra proposta de psicomotricidade.

MOTRICIDADE-1

 

PICA NA IMAXE PARA ACCEDER

CONTO

CONTO-CORONAVIRUSGRAZAS!!!

 

TODO VAI SAÍR BEN

Moi bos días, familias!!

Atendendo á evolución dos acontecementos sobre o coronavirus, deixámosvos por aquí máis recursos e actividades para realizar na casa, ao voso ritmo e sobre todo ao ritmo dos nenos e nenas. Lembrade, ademais, que ao longo destes días se irán subindo diferentes propostas máis específicas en cada blogue.

Esperamos que todo vaia ben e que isto remate o máis axiña posible.

Grazas unha vez máis. As profes de Educación Infantil Sorriso

 

Facede clic aquí abaixo á dereita para redirixirvos ó documento: 

PROPOSTA PSICOMOTRICIDADE I

Actividades-Psico

 

PICA NA IMAXE PARA ACCEDER

PLANIFICACIÓN DOS DÍAS SEN COLEXIO

 

PICA NA IMAXE PARA ACCEDER

UN ENTROIDO CON MOITA MARCHA!!!

Foi este venres soleado do 21 de febreiro cando os 489 alumnos-as do colexio acompañados do profesorado e as familias demostraron todo o seu poderío. Aquí no seguinte vídeo e galería de imaxes podedes ver unha boa selección dos mellores momentos. Norabóa!!

 

ALBUM DE FOTOS

Día da Paz

Nesta ocasión fixemos unha conmemoración con tres actividades; a carreira solidaria de Save The Children (a favor dos refuxiados roghinga en Bangladesh), a realización dun símbolo pola paz (proposta da 2ª Marcha Mundial pola Paz e a non violencia) e por último bailamos a canción de Mamá Cabra "Mola Cantidade". Botade unha ollada as imaxes!!, expresión de alegría e convivencia. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet