lazo verde
APRENDENDO COA ESTACIÓN DO OUTONO
OUTONO BONITO
FOLLIÑAS NO CHAN
CASTAÑAS ASADAS
QUE RICAS ESTÁN!!!
Utilizando esta estación como centro de interese, fixemos unha morea de actividades!!!
- Excursión polo campo do noso cole para observar os cambios na paisaxe e recoller follas para posteriores actividades.
-
Aprendemos sobre os froitos do outono co cadro "Outono" do pintor Arcimboldo, e decoramos a cabaza do Samaín con eles.
-
Xogamos a colorear e crear mandalas.
-
Desfrutamos moito na mesa sensorial do outono.
Brais trouxo esta preciosidade de millo. Moitas grazas!!!
-
Rematamos o conto de “Xaime e as landras”, da Editorial Kalandraka, que comezamos a traballar en setembro.
Así comeza unha historia sinxela e tenra sobre a vida dun carballo que vota raíces tras superar moitos avatares que lle xorden, dende que tan só é unha pequena landra. Tim Bowley, o escritor desta historia, danos unha lección de perseveranza, paciencia e amor pola natureza.
-
E para ser os reis e as raíñas do Magosto facemos unhas coroas de outono coas que exercitamos a nosa motricidade fina recortando follas.
Coas coroas listas e as cestiñas tan bonitas que fixeron as familias, celebramos a tradicional festa do magosto.
Deixámosvos unha mostra deste día:
Pasámolo en grande!!!
Agradecer coma sempre a vosa colaboración familias, e tamén a AFA pola súa axuda.
O NOSO SAMAÍN
Por fin chegou o mércores 30, e que ben o pasamos!!!
Grazas familias pola vosa colaboración.
ANIVERSARIOS OUTUBRO
Neste mes de outro celebramos os aniversarios de Lara e Sira. E así foi a súa celebración...
Parabéns!!!
DÍA DA BIBLIOTECA 2024
Para conmemorar esta data contamos o conto “La montaña de libros mas alta del mundo”. Fálanos sobre un neno que quería voar, e como a súa nai lle ensinou a voar lendo. Quixemos converternos en Lucas, o protagonista do conto, e facer uns marcapáxinas moi especiais...
E as mochilas viaxeiras comezaron a súa viaxe. Ao igual co curso pasado, saen o venres e volven o xoves e, como novidade, levan uns xogos. Agardamos que as desfrutedes moito!!!
ACHÉGASE O SAMAÍN!!!
-
Estreamos mesa sensorial do máis terrorífica.
-
Participamos na decoración do mural conxunto que fai todo o cole, e do que sae a pegatina coa que agasallamos a todo o alumnado na festa de Samaín.
-
A nosa cabaza foi feita ao estilo do pintor Arcimboldo. Utilizamos distintas técnicas plásticas que favorecen a creatividade e a psicomotricidade fina. Tras varios días de traballo en equipo este foi o resultado, que artistas!!!
- Tamén estamos a decorar as portas da aula con uns esqueletos moi orixinais. Partimos do conto “El círculo de Miró quiere ser esqueleto”, co que coñecemos a Joan Miró e as súas obras “Amencer” e “A bailarina” ao mesmo tempo que traballamos as partes do corpo e as emocións.
-
E falando de emocións seguimos emocionándonos co Monstro de Cores.
-
Contacontos de medo en familia:
Grazas pola vosa colaboración!!!
A HORTA ESCOLAR
Nesta primeira sesión, Yago falounos da importancia dos animaliños polinizadores como as bolboretas e as abellas, e dos depredadores como a xoaniña, a araña ou a ra.
Tamén prantamos “chícharos lágrima” e descubrimos que son considerados un verdadeiro “caviar”.
Canto aprendemos!!!
ANIVERSARIOS DE SETEMBRO
Festexamos os aniversarios de setembro e este curso, como agasallo, a árbore da amizade feita coas nosas pegadas. Sen dúbida, un fermoso recordo!!!
Parabéns a Eloise, Joseph e Lucas!!!
AS CAIXIÑAS DO VERÁN (II)
Co conto das “Once damas atrevidas” seguimos viaxando, e mirade cantas sorpresiñas trouxeron. O encargado/a do día tiña a misión de abrir a caixiña do verán da profe e descubrilas:
-
De Monterrey, a dama número 7 trouxo un xogo tradicional moi divertido: “Poñerlle a cola ao burro”.
-
De Australia, a dama número 6 veu cunhas marionetas duns canguros aos que lles gusta moito dar choutos.
-
De China, a dama número 5 tróuxonos unha entrada para poder asistir a un teatro de sombras chinescas.
Laciños verdes e amarelos desfrutaron do entretido conto dos "Chivos chivóns", de Olalla González e Federico Fernández (editorial Kalandraka), contado desta maneira tan especial:
Encantoulles!!
-
A dama número 4, que escalou o Everest, deixounos neve na bandexa sensorial da aula, coa que desfrutaron un montón!!!
-
A dama número 3, que viaxou a lúa, mandounos un código QR que, cando o escaneamos, comezou a soar a fermosa canción “Lúa” de María Fumaça, da Editorial Galaxia.
A cantar e bailar!!!
E, para rematar, as dúas últimas damas que chegaron a Coruña agasalláronnos con Oobleck Marino (chamado tamén fluído non Newtoniano), unha mestura que, ao exercer presión sobre ela, compórtase como un sólido e, cando se deixa repousar, compórtase como un líquido.
Que divertido foi xogar con ela!!!
COÑECENDO A ARCIMBOLDO
Que mellor maneira de darlle a benvida ao outono que xogando co pintor italiano Giuseppe Arcimboldo, relacionando o outono co proxecto do corpo humano, a saúde e a alimentación.
Cantos sorrisos ao facer os nosos retratos con froitas e verduras!!!
A cebra Camila tamén quixo xogar. Mirade que graciosa!!!