lazo verde
CANCIÓN DÍAS DA SEMANA EN LSE
Na clase de música coa profe Sonia aprendemos a signar a canción dos días da semana. Tanto nos gustou que pasou a ser unha das cancións que moitos días utilizamos na asemblea. Mirade que ben o fan!!!
ANIVERSARIO MARTÍN
No mes de marzo celebramos o aniversario do noso amiguiño Martín. Xa 4 aniños; que maior!!
Parabéns Martín!!!
AVENTURA POLAR
Este proxecto, levado a cabo neste segundo trimestre, comezou á volta das vacacións de Nadal co noso reno favorito Rodolfo como eixo motivador de toda a proposta.
Despois de moitas semanas de investigación e experiencias lograron o seu obxectivo: completar o mapa de Rodolfo!!! Conseguindo así que Rodolfo regresase ao Polo Norte con Papá Noel.
Nesta gran aventura traballaron en equipo, investigaron e aprenderon moito sobre o mundo polar. Queredes ver canto? Ollade este vídeo, que agardo vos guste:
E para seguir xogando...
SAÍDA SUPERMERCADO GADIS
O mércores 20 de marzo realizamos a visita ao Gadis do Castrillón, dentro do programa educativo "Alimentes", posto en marcha polo supermercado para concienciar ao alumnado da importancia dunha alimentación saudable, da actividade física e do consumo responsable.
Ao rematar a visita tivemos unha sorpresa: unha mochila con agasallos!!!
Moitas grazas a todo o persoal de Gadis por facernos a visita tan agradable e por ensinarnos tanta cousas!!!
O NOSO HORTO
O 19 de marzo visitounos Yago García-Garaball, asesor e creador de hortos ecolóxicos.
Neste vídeo podedes ver canto aprenderon e o ben que quedou de preparada a terra para poder plantar.
Grazas Yago!!!
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O venres, 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro, e divertímonos moito aprendendo cousas relacionadas con esta célebre escritora.
Aquí vos deixamos este xogo para ver canto sabedes sobre Rosalía de Castro. A xogar!!!
E tamén fixemos un collage cunhas estrofas dun dos versos dos seus poemas, que nos quedou así de fermoso.
Esperamos que vos guste!