lazo amarelo
MAOSTO 2024
Este venres 15 de novembro, celebramos no noso cole o MAGOSTO, dentro das actividades que estamos a facer do outono, e aquí vos deixamos unhas fotos, para que vexades que ben o pasamos. Gracias familias pola vosa colaboración nesta actividade.
O NOSO SAMAÍN
Rematamos os últimos días do mes de outubro moi involucrados coa celebración do Samaín, aquí vos deixamos un pequeno de resumo de todo o que vivenciamos estes días.
Moitas gracias familias pola vosa colaboración.
ANIVERSARIOS OUTUBRO
Neste mes de outubro, tocoulle cumplir 4 aniños a Leo e a Vera, e celebrámolo por todo o alto na nosa aula. Moitos parabéns!!
AS CAIXAS DO VERÁN
Antes de rematar o curso 23 - 24, levamos deberes para o verán... gardar nunha caixiña os recordos máis bonitos do verán para cóntalos ó voltar ó cole en setembro. E así foi, moitos nenos e nenos chegaron moi ilusionados coa súa caixa e contaronnos todo o vivido nesta estación que tanto nos gusta. Gracias familias pola vosa colaboración.
HORTA ESCOLAR
O pasado martes 8 de outubro, tivemos a primeira sesión con Yago de horta escolar, se queredes ver o que traballamos mira este xogo de repaso tan chuli que fixemos.
ANIVERSARIS SETEMBRO
Comezamos este curso, celebrando os aniversarios de Mateo, Anais, Sabela González e Sabela Garrote, que cumpriron 4 anos este mes de setembro. Moitos parabéns para os catro.
BENVIDA Ó CURSO ESCOLAR 2024 - 2025
Benvidas e benvidos a este novo curso escolar 2024 - 2025. O primeiro día de cole chegamos cun gran sonriso e a profe quixonos sacar unha foto para inmortalizar este momento, xa veredes que guapos e guapas quedamos. Comenza o novo curso!!!
ANIVERSARIOS XUÑO
Xa para rematar o curso 23 - 24 facemolo cunha celebración moi especial, cos aniversarios dos compis que cumplen nos meses de verán. Parabéns compis e felices vacacións para todos!
EXCURSION MUSEO BELAS ARTES
O 16 de maio era unha data marcada no calendario xa que fomos de excursión ó museo de Belas Artes de A Coruña. Nas actividades que fixemos, o fío conductor foi a auga. Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos nesta actividade titulada "cada gota conta", na que estivemos moi atent@s e entretid@s.
HORTO ESCOLAR
No noso segundo encontro de horto escolar con Yago García Garaball, aprendemos como se fai compost e plantamos fabas. Como sempre desfrutamos moito.