INFORMÁTICA
Moi boas, familias!
Ademais dos xogos online recomendados na entrada “Planificación dos días sen colexio” cos que xogamos nas clases de informática, e dado que esta situación se está alargando, déixovos dous novos xogos.
- Xoga con Fervello
É un xogo que fomenta o desenvolvemento de capacidades de aprendizaxe das 3 áreas de Educación Infantil.
Consta de 4 unidades cun total de 11 xogos para nenos de 3 a 5 anos.
Preme na imaxe para abrir o recurso.
- A pulga Leocadia
Consta dun conto interactivo e unha serie de actividades deseñadas especificamente para apoiar o desenrolo dalgunhas das nocións básicas do currículo de Infantil.
Para nenos de 2 a 5 anos de idade.
Preme na imaxe para abrir o recurso.
Ánimo! Unha aperta moi grande.
Profe Bea.