Últimas novas
Coma estes últimos anos, para conmemorar o Dia do Libro o 23 de abril organizaranse diversas actividades no centro.
1. Terá lugar un acto de Colocación de novas placas que darán nome a 7 aulas do centro, recoñecendo a personaxes ilustres de Negreira e comarca ao que asistirán invitados os familiares das persoas homenaxeadas e estará amenizado por unha actuación musical.
2. Nos recreos lúdicos haberá unha CITA A CEGAS cos libros, actividade organizada pola ANPA A Barcalesa.
Tedes todas as fotos do acto no Facebook do instituto.
Publícase a Orde de 21 de marzo de 2018 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Estes días no IES Xulián Magariños procedeuse á colocación dos pictogramas pertecentes ao "Proxecto de adaptabilidade coxnitiva" financiado polo Concello de Negreira, proxecto desarrollado por Aínhoa Rodríguez e Raquel Quintáns.
A finalidade este proxecto é facer accesibles os espazos públicos do noso entorno para as persoas con trastornos do espectro autismo (TEA), trastornos da comunicación (TC) ou discapacidade intelectual (DI).
Hoxe inauguramos dúas mostras de carteis adicados a excepcionais figuras femininas no mundo da técnica e da ciencia. Mulleres que foron pioneiras nos seus campos e que na maioría dos casos careceron do xusto recoñecemento no seu tempo. Quen dixo que as tecnoloxías e as ciencias non son cousa de mulleres?
(podedes descargar unha imaxe dos carteis clicando en adxuntos)
IMPORTANTE: Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión en centros docentes sustentados con fondos públicos.
O prazo abrangue do 1 ao 20 de marzo de 2018
Relación de prazas vacantes no IES Xulián Magariños
NOTAS:
O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería de educación.
As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/ admisionalumnado). Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.
Normativa reguladora do proceso de admisión:
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 ...
ÚLTIMOS DÍAS para solicitar as axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras
O prazo para solicitar as axudas para participar en actividades de formación en linguas estranxeiras remata o 7 de marzo. Estas axudas subvenionan entre o 50% e o 85% do custo real da actividade. Dende 70 € (en función da renda e circunstancias familiares) se pode realizar un curso de 2 semanas de inglés. Tamén hay posibilidade de solicitar cursos de francés e portugués.
Tedes toda a información na web da Consellería https://www.edu.xunta.es/axudasle/
Publicouse no BOE (Xoves 15 de febreiro de 2018) a resolución para participar nos "campus Científicos de Verán"
Os campamentos teñen una semana de duración, durante o mes de xullo, e abarcan diversas áreas científicas de enorme interese e actualidade. (intelixencia artificial en Salamanca, Astrofísica en Canarias, organismos mariños en Vigo...) Mirade o catálogo!
Este programa está dirixido a alumnado de 4º de ESO que curse bioloxía e xeoloxía e física e química ou ciencias aplicadas e tecnoloxía e tamén a alumnado de 1º de bacharelato de ciencias e que tivera unha nota media no curso pasado igual ou superior a 8,5.
O prazo de solicitudes remata o 9 de marzo as 15:00
Máis información no BOE do 15 de febreiro e na web www.campuscientificos.es
O noso agradecemento á Asociación de Nais e Pais do instituto " A Barcalesa" pola doazón dunha mesa de tenis de mesa que quedará instalada no exterior do centro e ampliará a oferta de actividades lúdicas para o alumnado.
Comenza o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición nas probas de acceso a ciclos formativos.
Ollo! O prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclo superior é do 8 de febreiro ata o 23 de febreiro
Para inscribirse nas probas de acceso a ciclo medio o prazo será do 12 ao 23 de marzo
INFORMACIÓN REMITIDA POLA CONSELLERÍA
Información sobre a proba de acceso a ciclo superior
Información sobre a proba de acceso a ciclo medio
Estamos de Noraboa!
Acaba de publicarse a resolución definitiva dos Contratos Programa dirixidos á mellora do éxito escolar. O IES Xulían Magariños foi un dos centros seleccionados e o Contrato-Programa 2017-18 que asinará coa administración educativa recolle as seguintes liñas de actuación:
1. PROA (ACOMPAÑAMENTO ESCOLAR FÓRA DO HORARIO LECTIVO), o alumnado que o necesite terá clase polas tardes de luns e mércores con docente externo.
2. MELLORA DA CONVIVENCIA E PROMOCIÓN DA IGUALDADE NOS CENTROS (Colaboraremos coa organización e o orzamento dos VI Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva que se celebrarán no IES Plurilingüe de Fontexería de Muros).
4. PREVENCIÓN DO ABANDONO TEMPERÁN E DO ABSENTISMO ESCOLAR, teremos agrupamentos en toda a ESO e reforzos en 1º e 2º ESO.
6. MELLORA DA CALIDADE NA XESTIÓN DOS CENTROS