Últimas novas
Dentro do programa de titoría entre iguais organízanse actividades conxuntas entre alumnado de 1º e 3º de ESO para facilitar o intercambio de ideas e o coñecemento mutuo. Estes días tocan unhas divertidas yincanas.
O vindeiro xoves día 9 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de BAC acudirá a Santiago de Compostela a visitar as facultades universitarias. Sairán a segunda hora e regresarán a última, habendo clase a primeira hora.
Hoxe nos Recreo Lúdicos (organizados pola Anpa A Barcalesa), celebrouse o Día da Paz, unha das actividades foi unha sentada dos alumnos representando a palabra PAZ.
Clica nas imaxes para ver o cartaz e a foto do concerto
Onte, como representante dos directores de centros educativos da provincia da Coruña, o director do noso centro, D. Adelino José Pose Reino asistiu a unha reunión da Xunta autonómica de directores onde presentou 14 alegacións sobre diversos temas tratados anteriormente na Xunta Provincial da Coruña:
Subministro de gasoil, mellora das condiciones dos equipos directivos, creación da figura de adxunto a xefatura de estudos, roubos nos centros, queixas do funcionamento de AMTEGA, problemas cos programas E-DIXGAL e ABALAR, apertura e peche dos centros en períodos non lectivos, contratos de cafeterías nos centros, obras nos centros, gastos de telefonía, axudas para libros de textos e formación do profesorado.
Ademais indicou a necesidade dun pacto educativo e que se debata sobre o modelo de dirección existente no noso país en comparación co existente noutros países europeos para tentar melloralo.
Ver referencia da xuntanza na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Aquí tedes a ligazón ao video sobre o viaxe a Roma que se fixo o curso pasado.
Rematado o proceso de votación procédese á proclamación de candidatos/as elexidos e suplentes
VER PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS ELEXIDOS E SUPLENTES
Candidaturas ás eleccións de membros do Consello escolar
Calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar aprobado o pasado día 4.