Skip to Content

ACORDO INTERNACIONAL DA MOCIDADE SOBRE A BIODIVERSIDADE

biodiversidade

Xóvenes do mundo asinan un manifesto sobre a Biodiversidade para presentar na Convention of the Parties, (COP10), en Xapón, Outubro de 2010. Convidamos ao alumnado do centro a ler o texto e a asinalo para manifestar a súa opinión. Este é o texto do acordo.

Visita a LIGAL, LAFIGA, CIAM : 2ºA e 2ºB - Bac

Con data 25 de Marzo de 2010, as alumnas e os alumnos dos grupos 2ºA e 2ºB de Bacharelato do IES Sofía Casanova, ambos os dous grupos do itinerario de Ciencias e Tecnoloxía, foron hasta San Tirso de Mabegondo, acompañados dos seus profesores do departamento de Física e Química, a visitar as empresas LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite), LAFIGA (Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia) e CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).

Visita Forestal do Atlántico - 1º Bac

Os alumnos de 1º de Bacharelato, itinerario de Ciencias, do IES Sofía Casanova de Ferrol, visitan as empresas Forestal do Atlántico e Imegasa, situadas no concello de  Mugardos. A visita enmárcase dentro das actividades complementarias do Departamento de Física e Química para o curso 2009 - 2010.
Os propios alumnos que realizaron a visita nola nolo contan no seguinte artigo:

Alumnas e alumnos de 1ºA e 1ºB de Bacharelato. 

Concurso escolar Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil

Co motivo da Semana da Prensa na Escola está en marcha a séptima edición do concurso escolar Mejor Periodista Infantil y Juvenil no que poderán participar alumnos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. O prazo para a de entrega de orixinais finaliza o 30 de abril.

Alumnado de 4ºESO visita o Concello de Ferrol

ferrol concello

O alumnado de 4ºESO A e B foi recibido polo Alcalde de Ferrol e a Concelleira de Educación, acompañados polos seus profesores D. Guillermo Llorca Freire, Dª Teresa Leira Álvarez e o director do centro D. Juan Rodríguez Silvar.
D. Vicente Irisarri e Dª Mercedes Carbajales recibiron no Salón de Plenos do Concello de Ferrol ao alumnado que empregou unha novidosa ferramenta, a Web Quest "Barrio da Magdalena" promovido pola concellería para coñecer as orixes da cidade. Cada un deles recibíu un diploma co título de "Marqués da Magdalena", un guiño simbólico en recoñecemento ao seu labor.

Prazas xuvenís Campaña Verán - 2010

Orde do 23 de febreiro de 2010 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán de 2010.

Máis información na seguinte ligazón: Campaña Verán - 2010

Convocatoria de axudas

Convocatoria de axudas varias a nivel do estado e da comunidade autónoma de Galicia.

  • Aulas da Natureza 2010. Accede
  • Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacaciones. Accede
  • Cursos no estranxeiro de alemán ou francés para alumnado de ciclos formativos
    de grao superior, artes plásticas e deseño e de ensinanzas deportivas. Accede
  • Curso de lingua francesa en Francia en xullo de 2010. Accede
  • Inglés para mozos de entre 16 e 30 anos. Accede
  • Axudas para confederacións e federacións de asociacións de pais e nais de
    alumnos/as. Accede
  • Prácticas en centros de traballo. Accede

Inmersión lingüística 2010

No DOG nº 28 de 11 de Febreiro de 2010 publícase a "Orde do 5 de febreiro de 2010 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010".

Máis información na seguinte ligazón: Inmersión lingüística 2010

Distribuir contido


by Dr. Radut