Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Días non lectivos para o curso 2024-2025

 Os días non lectivos para o IES Sofía Casanova no presente curso serán o:

5 de decembro de 2024

2 de maio de 2025.

Libros de texto. Curso 2024-25

     En cada unha das suguintes ligazóns pode atoparse a listaxe de libros de texto, curso 2024-25, seleccionados polos departamentos didácticos para os distintos cursos de  ESO e  Bacharelato.

Nota: Recoméndase contactar coa ANPA sobre o programa de préstamo.

  1º ESO     2º ESO     3º ESO     4º ESO  
1º Bacharelato 2º Bacharelato

Obradoiro de Control das Emocions na Adolescencia

   

     Durante o mes de xuño impartiuse o Obradoiro de Control das Emocions na Adolescencia destinado ó alumnado de 3º ESO.

     Foi impartido por Carlos de Francisco Psicólogo experto en Terapia FamiliarObxectivos da acción formativa.
     Tivo como obxectivo desenvolver habilidades para identificar e expresar emocións e recoñecer as calidades persoais e os apoios externos para lograr unha vida saudable.
     Esperase ter adquirido a habilidade para recoñecer os propios sentimentos e as perspectivas dos demais, experimentar a capacidade de previr, xestionar e resolver conflitos interpersoais de forma construtiva e de toma de decisións e comportamentos responsables en contextos interpersoais.

Axudas para adquirir material escolar para o curso 24-25 - II

 

       Seguindo o procedemento para solicitar axudas para adquirir material escolar para o curso 2024-2025, procédese á publicación dos prazos dos seguintes pasos do proceso.

    Publicación de listaxes provisionais: o 12 de xullo de 2024.

    Reclamacións: 2 días hábiles ( 13 e 14 de xullo)

    Publicación de listaxes definitivas: o 26 de xullo de 2024.

    Recollida de vales de material: do 27 a 31 de xullo e a partir do 1 de setembro de 2024.

 

 

Tríptico de verán 2024. Biblioteca

 

     Acaba de publicarse o tríptico de verán 2024 no que se recomendan lecturas para este tempo de lecer e aparecen as suxestións da Clube de Narrativa Xuvenil e do Club de Novela Gráfica, xunto con recomendacións de Clásicos Literarios Ilustrados e relativas ás Letras Galegas 2024.

Gañadores do V concurso de fotografía matemática

   

     Presentamos as fotos participantes no concurso celebrado este curso 2023 - 2024.
     Nela aparecen as fotos gañadoras e con accésit.Tamén podedes ler como La Voz de Galicia faise eco do noso concurso.
     O vindeiro curso teredes os calendarios do curso coas fotos máis destacables nel, e ademais presentaranse as bases para participar na VI convocatoria deste concurso, así que ide observando a vosa contorna para participar con novas fotografías estas vacacións.
     Bo verán e vémonos en setembro!

Clausura proxecto Talentos Inclusivos

   

     Alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía asistiu á clausura da 4ª edición do Proxecto Talentos Inclusivos.

     O proxecto ten o dobre obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre estudantes de secundaria, bacharelato e Formación Profesional e, á súa vez, dar visibilidade a problemas cotiáns de persoas con parálise cerebral.

     Nun formato de feira o noso alumando amosou os retos que fixeron: dous pulsadores adaptados inalámbricos e un soporte impreso en 3D adaptado para o móbil.la 

Xunta, Código CeroGalicia Express

 

Ferrolás sen máscara

   

     "Ferrolás sen máscara". As voces femininas de Ferrol Traballo realizado polas alumnas e alumnos de 4º B e 4ª C na materia de Proxecto Competencial.

     Na páxina Web creada por Nerea, Martín e Hugo podedes ver as biografías, entrevistas con especialistas, diálogos e xogos que estes alumnos e alumnas foron elaborando ao longo do curso.
     Esperemos que disfrutedes deste percorrido pola historia de Ferrol e o noso agradecemento a todos os que desinteresadamente colaboraron neste proxecto, Carmen Cuesta, Orlando Jara, Henrique Dacosta e Manuel Pita.

Distribuir contido


by Dr. Radut