Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Entrega de boletíns de cualificacións e impresos de matrícula. Xuño 2023

 

    A entrega dos boletíns de cualificacións terá lugar nas seguintes datas:

             2º Bacharelato- venres 23 ás 13:00
            1º Bacharelato- venres 23 ás 13:30
            1º, 2º, 3º E 4º ESO- mércores 28 ás 11:00

    Os impresos de matrícula para o curso 2023-24 serán entregados polos titores xunto cos boletíns de cualificacións.

    O alumnado que o vindeiro curso se matricule de 2º de bacharelato pode recoller os impresos en conserxería.
    Igoalmente, o alumnado de novo ingreso no centro recollerá os impresos de matrícula en conserxeria.

Clausura do club de xadrez. curso 2022-23.

   

     Clausura da temporada coa entrega dos diplomas aos participantes, así como ao monitor, Andrés Vázquez do Club Ferrolano de Xadrez. 
     Agradecemos a colaboración do Club neste proxecto iniciado este curso 2022-23 que esperamos teña continuidade nos próximos anos. Ademais do Torneo de Nadal no IES, participamos tamén no Torneo por equipos organizado pola Federación de Xadrez, no que acadamos o 2º posto.    PARABÉNS!
    Recomendamos escoitar a entrevista feita a socios do club na radio do IES.

Acto de Graduación de 2º Bacharelato 2023

 

 

     Este curso escolar decidimos realizar o acto de graduación no pavillón para que todas as familias poideran asistir.

     Coa colaboración de varios profesores e un grupo de alumnos de 2º Bach deu como resultado un acto emotivo, bonito e moi completo. Simplemente dar as grazas a todos os que o fixeron posible. 

            

Datas matrícula para o curso 2023-24

x luns martes  mércores  
    xoves  
 venres 
sábado domingo      ▪ Os sobres de matrícula son entregados polos titores ou recóllense en Conserxería.

u

19 20 21 22 23 24 25      ▪ O horario de oficina para  formalizar   a matrícula
  é de 9:00 a 13:00 horas.

ñ

o

26
1º ESO

de
Novo
ingreso

27
Prematrícula ABAU

 

28

 

29
2ºBach
30
1ºBach
1 2

 x

u

 

  ▪ Seguro escolar: O importe do mesmo é de 1,12 € e procederase ó seu abono en secretaría no momento de formalizar a matrícula. Prégase traer o importe exacto,
Os alumnos de 1º e 2º de ESO non pagan seguro.

  3
1ºBach 

de
Novo
ingreso

 

4
4ºESO
5
3ºESO
6
2ºESO

e
1ºESO repetidores

7 8 9

ll

o

  A matrícula debe formalizarse cada ano escolar.  De non entregarse o sobre de matrícula na data sinalada perderase o dereito á permanencia no centro.

 Información completa en pdf

  10 11 12 13 14 15 16

 

  Prégase respeten o día asignado para cada curso. 

Me presento...¡Con las TIC!

   

     Alumnado de TIC de 4º de ESO está a participar no proxecto eTwinning “Me presento...¡Con las TIC!”
     Neste proxecto o noso alumnado comparte información con alumnado italiano do ISC Rotella-Montalto delle Marche empregando as TIC.

     Realizan presentacións usando diferentes ferramentas dixitais (vídeos, presentacións, Padlets, cuestionarios, videoconferencias…) mellorando as súas competencias dixitais e practicando “foreigner talk”

Club de Ciencia. 2022-23

         Remata outra edición do Club de Ciencia, no que o alumnado do centro acompañado por profesoras de Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía estivo a realizar diversas actividades: traballaron con softcircuits deseñando tarxetas de nadal, elaboraron modelos de especies fosilizadas, reciclaron bolsas de plásticas para facer marcapáxinas e colgantes e deseñaron e construiron un robot que falaba e movía os brazos.

Convocatoria do fondo solidario de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 2023.

   

    Vense de publicar a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

  O prazo para presentar solicitudes iniciouse o día 20/05/23 e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

    IMPORTANTE: Só se poderá solicitar a axuda de material xa que este centro participa na convocatoria E-dixgal en todos os niveis da ESO

    Ver información básica de requisitos, prazo de presentación de solicitudes e outros aspectos da normativa.

Admisón de alumnado para o curso 2023-2024. Publicación de listaxes definitivos.

       

    Segundo o artigo 35 da Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro de 2022) pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de educación infantil, educación primaria, secundaria e bacharelato, hoxe día 16/05/23, no panel de entrada do IES Sofía Casanova, publícanse os listados definitivos de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2023-24.

    Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Distribuir contido


by Dr. Radut