Skip to Content

Complementarias

Blended Learning for All! (BL4A!)

BL4A  

Como participante no proxecto Erasmus+ KA2 Blended Learning for All! (BL4A!), financiado con fondos europeos, o IES Sofía Casanova acolleu a docentes de Hungría, Portugal e Turquía.

Mostrámoslles o noso centro, e as nosas experiencias relacionadas co ensino mixto vencelladas a proxectos STEAM, eTwinning e o recuncho Erasmus.

Instagram

Obradoiro de Control das Emocions na Adolescencia

   

     Durante o mes de xuño impartiuse o Obradoiro de Control das Emocions na Adolescencia destinado ó alumnado de 3º ESO.

     Foi impartido por Carlos de Francisco Psicólogo experto en Terapia FamiliarObxectivos da acción formativa.
     Tivo como obxectivo desenvolver habilidades para identificar e expresar emocións e recoñecer as calidades persoais e os apoios externos para lograr unha vida saudable.
     Esperase ter adquirido a habilidade para recoñecer os propios sentimentos e as perspectivas dos demais, experimentar a capacidade de previr, xestionar e resolver conflitos interpersoais de forma construtiva e de toma de decisións e comportamentos responsables en contextos interpersoais.

Gañadores do V concurso de fotografía matemática

   

     Presentamos as fotos participantes no concurso celebrado este curso 2023 - 2024.
     Nela aparecen as fotos gañadoras e con accésit.Tamén podedes ler como La Voz de Galicia faise eco do noso concurso.
     O vindeiro curso teredes os calendarios do curso coas fotos máis destacables nel, e ademais presentaranse as bases para participar na VI convocatoria deste concurso, así que ide observando a vosa contorna para participar con novas fotografías estas vacacións.
     Bo verán e vémonos en setembro!

Clausura proxecto Talentos Inclusivos

   

     Alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía asistiu á clausura da 4ª edición do Proxecto Talentos Inclusivos.

     O proxecto ten o dobre obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre estudantes de secundaria, bacharelato e Formación Profesional e, á súa vez, dar visibilidade a problemas cotiáns de persoas con parálise cerebral.

     Nun formato de feira o noso alumando amosou os retos que fixeron: dous pulsadores adaptados inalámbricos e un soporte impreso en 3D adaptado para o móbil.la 

Xunta, Código CeroGalicia Express

 

eTwinning ¡Carnavales sin fronteras, risas que unen, alegría global!

 

     Alumnado de 1º de ESO está a participar no proxecto eTwinning “¡Carnavales sin fronteras, risas que unen, alegría global!” a través de diferentes materias: Bioloxía e Xeoloxía, Proxecto Competencial, Lingua Galega e Tecnoloxía e Dixitalización.

     Este proxecto sobre entroidos busca fusionar e celebrar a rica diversidade cultural das Marcas (unha rexión de Italia central), Galicia e País Vasco de maneira intercultural.

     O noso alumando compartiu cos nosos socios, tradicións, receitas, disfraces, comidas... a través de vídeos, infografías, presentacións, fotos e xogos.

eTwinning: Technology Bridge

   

     Alumnado de Dixitalización de 4º de ESO participou este curso no proxecto eTwinning “Technology Bridge: A Bridge to the World of Artificial Intelligence for Students” con socios turcos e portugueses.
 

     Este proxecto, que emprega o blended learning, axudou ao alumnado a entender a codificación e a intelixencia artificial empregando ferramentas sinxelas. O alumnado fixo: chatbots, posters, presentacións, modelos de aprendizaxe automático...

 

Intelixencia artificial no IES Sofía Casanova

   

     Alumnado de TIC de 1º de bacharelato participou nun estudio para evaluar un Sistema de Tutorización Intelixente (ITS) chamado Progtutor.

     Os investigadores do CITIC, Francisco Bellas e Óscar Fontenla, xunto cun equipo de oito integrantes máis, estiveron impartindo clases semanalmente a o noso alumnado dentro dun proxecto do Ministerio de Educación que explora o uso da intelixencia artificial (IA) como ferramenta de apoio na docencia. Este proxecto, bautizado como ProgTutor, ten como obxectivo desenvolver un Sistema de Tutorización Intelixente (ITS) que proporcione aos estudantes un ensino personalizado da programación en linguaxe Python a través de simulacións robóticas.

          CITICGCIENCIACODIGOCEROLA VOZ DE GALICIA

A escritora Eva Mejuto no Instituto

       O mércores 15 de maio, a escritora Eva Mejuto estivo no Sofía Casanova para conversar co alumnado de 4º ESO sobre o seu libro “22 segundo  
Distribuir contido


by Dr. Radut