Skip to Content

Complementarias

Festival Entroido 2024

 

  

     No video tedes unha mostra das actuacións que fixemos o venres previo ás vacacións do entroido dentro do Festival de Entroido. Non se puideron poñer todolos grupos por problemas á hora de grabar. Pedimos desculpas aos que non poidemos incluír no video.

    A pesar do pouco tempo de práctica vimos a todolos participantes moi contentos e implicados, profesores incluidos.

 

Visita 2º BAC B-Tecnoloxía e Enxeñería ao "Día da Enxeñería"

   

     O alumnado da materia Tecnoloxía e Enxeñeria I do curso 2º Bacharelato B asistíu o xoves 15 de febreiro ó "Dia da Enxeñería" que se realizou no Campus de Esteiro de Ferrol organizado pola EPEF (Escola Politécnica de Enxeñeiros de Ferrol).

     Foi unha interesante xornada de portas abertas na que podideron visitar distintos laboratorios dos departamentos dalgunhas das titulacións dos graos que se imparten na EPEF, así como tamén participar nun Scaperoom xunto con outros centros da comarca.

Darío Autrán, exalumno do centro, gaña o premio á mellor comedia no UFF de New York

 

     Darío Autrán, que foi alumno do IES Sofía Casanova,  acaba de gañar o premio á mellor comedia no Universal Film Festival de New York 2023 

    Darío Autrán, director de cine e teatro, ademáis de escritor e actor, é coñecido por Llanto (2021), El cuarto de Mona (2021) e Salamandra (2021).

    Agora con El tirabeque (2022), acaba de obter o premio do UFF de New York.

    O diariodeferrol faise eco do premio.

V Concurso de Fotografía Matemática

   

     O Departamento de Matemáticas convoca o V Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a toda comunidade educativa do centro a participar.

     Este curso volvemos abrir o prazo de participación nesta 2ª avaliación. Animádevos a participar!

     Achéganse aquí as bases, bases que estarán tamén á vosa disposición nos correspondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual e no Departamento de Matemáticas.

Apertura talentos inclusivos

 

 O pasado 31 de xaneiro celebrouse na Domus da Coruña a apertura da cuarta edición do proxecto Talentos Inclusivos, o IES Sofía Casanova volve a participar nesta nova convocatoria.

Pódese seguir o proxecto a través de:

https://talentosinclusivos.

https://www.facebook.com/

https://twitter.com/talentos_

https://www.instagram.com/talentos.inclusivos/

Obradoiros de benestar emocional

 

     Este luns 5 de febreiro, no IES Sofía Casanova, temos unha Charla inicial de Benestar Emocional,  ás 16:30 para alumnado e ás 18:00 para as familias.

     Nesta charla explicarase a pretensión principal do que se vai a traballar nos obradoiros.
     Esta ano teremos obradoiros para alumnos (6/7 sesións) e para pais e titores (7 sesións) que se desenvolverán ao longo do curso.

 

Charla da UDC "Descifrando a Enxeñería Informática", para alumnado de TIC 1º de Bach.

   

   O mércores 24, o alumnado das materia de TIC 1º de Bacharelato e de DIXITALIZACIÓN de 4º ESO recibiron unha charla da UDC titulada "Descifrando a Enxeñería Informática".
     A charla estaba orientada cara despertar vocacións ás titulacións que oferta a facultade de Informática da UDC e desmontar estereotipos predominantemente masculinos frente aos femininos e tamén de certa fama de "complexidade" que ten a titulación, así como a informar das numerosas e amplias saídas laborais que ofrece.

Alumnado tecnoloxía 1º bach B visita o Laboratorio de materiais da EPEF da UDC, campus de Ferrol

     O martes 23, o alumnado da materia de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato B visitou o Laboratorio de materiais da EPEF da UDC do campus de Ferrol, no veciño barrio de Esteiro. Alí poideron aprender como realizan os principais ensaios de materiais como os de dureza e tracción e tamén facer prácticas co durómetro e o péndulo de Charpy para o ensaio de fatiga.
Distribuir contido


by Dr. Radut