Skip to Content

Complementarias

Polos Creativo, curso 2023/24

   

     "A Xunta de Galicia distribuíu no mes de decembro os primeiros kits de actividades pedagóxicas en Ferrol, destinados aos Polos Creativos dos colexios e institutos que imparten as etapas de Infantil, Primaria e ESO en toda Galicia.

     IES Sofía Casanova e CEIP de Esteiro foron os primeiros en recibir este material didáctico o pasado mes de decembro, nun evento onde participaron Manuel Vila, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e Jesús Álvarez, director xeral de Centros e Recursos Humanos."

Alumnado de Tecnoloxía do Sofía no CIS da Cabana

   

      O luns 18 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato acudiu a dous obradoiros no CIS da Cabana.
      No primeiro: "En caída. Tecnolab" construiron un paracaidas para lanzar un ovo dende un 1º piso e cunha microbit mediron a aceleración no descenso
      No segundo: "Cosendo o futuro" confeccionaron e-textiles, cosendo con fio conductor e programando con distintas placas controladoras efectos nos tecidos.

      Os dous obradoiros entán dentro do programa D'tec (DESEÑO, CIENCIA E TECNOLOXÍA PARA A XUVENTUDE) da Xunta de Galicia

9ª edición Tecnólog@ por un día

   

 Alumnado do IES Sofía Casanova participou na 9ª edición de Tecnólog@ por un día.

   Nesta actividade, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o alumnado experimenta en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia, co fin de impulsar as vocacións STEAM.

Charla obradoiro: "O papel das familias na xestión das condutas aditivas nos adolescentes"

   

    O martes 19 de decembro de 2023 teremos unha Charla obradoiro para as familias no Sofía. A temática será "O papel das familias na xestión das condutas aditivas nos adolescentes".

   Tera lugar na biblioteca do centro de 16:30 a 18:10.Imprescindible confirmar asistencia no correo da ANPA do Centro anpasofiacasanova@gmail.com

Erasmus BL4A! Mersin

   

    Profesorado do IES Sofia Casanova estivo en Mersin, Turquía, dentro do proxecto Erasmus+ KA2 Blended Learning for All! (BL4A!), proxecto liderado polo CFR de Ferrol con socios de Hungría, Portugal e Turquía.

    Nesta mobilidade coñeceuse o sistema educativo turco, presentáronse diversos lesson plans con secuencias de aprendizaxe que integran o ensino mixto e visitáronse centros educativos.

Samaín 2023

Este ano, entre as actividades do SAMAÍN do Sofía Casanova, haberá tres concursos.

Participa!!

     

Participación no congreso internacional Observa_Acción

   

       O 4 de setembro tivo lugar na Cidade da Cultura o Congreso Internacional Observa _Acción, onde o noso centro foi escollido para contar a súa experiencia neste programa.
       Tivemos a oportunidade de expoñer aos asistentes como foi a nosa participación neste programa o curso pasado. O programa Observa _Acción ten como obxectivo mellorar ás competencias profesionais docentes a través da observación entre iguais. Durante o curso pasado, desenvolvemos duas fases do programa, a Fase I que consistiu en realizar a observación entre docentes do noso centro ( Fase intracentros). Unha vez superada, pasamos a Fase II (intercentros) nesta ocasión a observación realizouse no IES A Cachada de Boiro onde puidemos ver cómo traballan e traernos algunhas ideas para aplicar no noso centro. Aquí tes acceso á memoria que elaboramos ao finalizar esta fase

Resolución do I Concurso de Banda Deseñada IES Sofía Casanova

   

 A gañadora do I Concurso de Banda Deseñada IES Sofía Casanova é Lara Freire Escribano, que cursou no 2022/23 1º C ESO. Tedes aquí a súa obra.
Esperamos que o próximo curso aínda máis alumnado se anime a participar.
Desfrutade das vacacións!

Distribuir contido


by Dr. Radut