Skip to Content

Complementarias

Saída Kayak - Sendeirismo

   

    O 28 de Abril fixemos unha saída de Sendeirismo e Kayak, con 2º ESO,  dende Pontedeume ao porto de Redes.

    A pesar da longa distancia conseguimos chegar todos cos kayak a Redes sen dificultades.

    Deporte, baño, convivencia no areal, natureza. Un día moi completo e con ganas de repetir. 

Maios no Sofía

   

     O alumnado do Sofía Casanova celebra esta semana a chegada dos maios.

    Os alumnos e alumnas de diferentes cursos participan na confección dos maios organizada polo Equipo de Dinamización, a Biblioteca e os departamentos de Orientación e Ciencias e Tecnoloxía.

    O alumnado de 1 da ESO realizará unha saída pola contorna para a recolleita de plantas, acompañados pola profesora de Bioloxía.

Plantando árbores con pinceis

   

    Plantando árbores con pinceis  é un proxecto de Afundación que se solicitou  dende a materia de educación plástica, visual e audiovisual para facer realidade a intención de pintar un mural no centro coa temática do bosque e deste xeito traballar cos alumnos na concienciación do coidado ao medioambiente e a apreciación dos valores naturais da nosa contorna.

Uso seguro de internet para familias

 

   

    Desde o INCIBE, Instituto Nacional de Ciberseguridade, invitan a participar ás familias do noso centro educativo a unha sesión sobre o uso seguro de Internet, centrada no acompañamento dos menores na súa experiencia dixital.
    Esta sesión será en modalidade online cunha duración aproximada dunha hora e con dúas datas dispoñibles: 3 de maio ás 15:30 e 31 de maio ás 17:00.
    Os contidos serán os mesmos nas dúas convocatorias. Se estades interesados tedes que inscribirbos no enlace correspondente e recibiredes desde o INCIBE o enlace para a conexión mediante Zoom para a correspondente data:

                          Inscripción para el 03/05/2022 ás 15:30

                          Inscripción para el 31/05/2022 a las 17:00

Participación na presentación dos Polos Creativos

   

    O pasado 26 de abril foi a presentación dos Polos Creativos na Cidade da Cultura.

    Os Polos Creativos son espacios onde se traballa a aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais.

Alumnado de 4º da ESO da materia de Tecnoloxía participou có proxecto có que está a participar en Talentos Inclusivos, en colaboración coa UDC e Aspace, consistente nunha botoeira adaptada para un mando de TV, así coma unha aplicación móvil có mesmo obxectivo.
    Estas botoeiras foron deseñadas para aumentar a autonomía dos usuarios de Aspace

              Diario de Ferrol

As mulleres que nos levaron á Lúa

   

   Ata o día 5 de maio pode visitarse no primeiro e segundo andar do centro a exposición “As mulleres que nos levaron á Lúa”.

    Trátase dunha iniciativa de EXXperimenta en feminino, da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e da Deputación de Ourense para dar a coñecer algunhas das mulleres que participaron na misión Apollo XI e na conquista do espazo.

    Sen esas mulleres, invisibilizadas durante demasiado tempo, non estaríamos planeando as próximas misións espaciais. Todas elas constitúen modelos a seguir para as novas xeracións.

Erasmus “Aprendendo robótica por Europa: STEM”

   

    A primeira semana de abril, profesorado do centro estivo en Levadia, Grecia, participando no Erasmus KA -101 “Aprendendo robótica por Europa: STEM”

    O profesorado asistiu a un curso de Robótica&STEAM no que aprendeu a construir un robot usando as ferramentas de Tinkercad, Pepakura e Microbit, idea moi interesante para llevar a cabo có alumnado do centro.
    Tambén tivo formación en LabVIEW, sofware para realizar prácticas STEAM.

    Grazas ó CFR Ferrol por organizar este proxecto.

Saída a Santiago de Compostela. 2º de Bach

   

    O venres 1 de abril alumnado de 2º de bacharelato disfrutou dunha xornada frutífera en Santiago de Compostela.

    Os grupos de ciencias puideron coñecer de primeira man un centro de investigación en mediciña molecular e enfermidades crónicas,CIMUS, mentres que o alumnado de humanidades disfrutou co coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea no CEGAC. Pola tarde desprazámonos ao GAIÁS, onde poidemos coñecer a espectacular arquitectura da Cidade da Cultura.

Distribuir contido


by Dr. Radut