Skip to Content

Extraescolares

Alumnado de Bachillerato asiste ao XXIX Concurso de prototipos na EPEF

 

 

     O alumnado de 1° Bacharelato da materia de Tecnoloxía e Enxeñería I asistíu o venres 8 á XXIX edición do "Concurso de Prototipos" que organiza o Departamento de Enxeñería Mecánica da EPEF para o sea alumnado de 3° curso.

 

Blended Learning 4 All!

   

    Profesorado do Sofía Casanova estivo esta semana en Lisboa participando no proxecto Erasmus+ Blended Learning 4 All! (BL4A).

    BL4A é un proxecto internacional que trata sobre o aprendizaxe mixto, combina o ensino presencial e o ensino online. Nel participa profesorado da Universidade Lusófona de Lisboa, do Európa 2000 Gimnáziun de Budapest, do Milli Egitim Müdürlügü de Mersin e do CFR de Ferrol.

   Nesta primeira formación traballouse o modelo de BL e amosáronnos ferramentas dixitais que podemos incluir no noso día a día.

A defensa dos traballos do alumnado do STEMbach na prensa local

       O Diarío de Ferrol recolle a defensa que os alumnos do STEMbach do Sofía Casanova realizaron ante os correspondentes tribunais no  Campus Industrial de Ferrol, Universidade da Coruña (UDC).

A prensa local recolle a visita da Compañía Cariátides ó Teatro Jofre

   

     A prensa local recolle a visita ao Teatro Jofre da Compañía Cariátides, nacida no IES Sofía Casanova no marco do Proxecto LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje): La Voz de Galicia, Diario de Ferrol).
    O día 22 algúns membros da compañía acudiron a Radio Voz e contaron aos oíntes en que consistía o seu proxecto.

Campos de verán XuvenCiencia

   

     Volve o VII Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC no que cento cincuenta estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.

    O Campus XuvenCiencia terá lugar do 1 ao 5 de xullo e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC. O custe da matrícula é 160 €. O prazo de preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 3 de maio ata o 12 de maio.

Convocadas axudas para actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019

   

     Ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

    O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

1.600 prazas en estadías para que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras

 

   A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de 1.600 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras a través de estadías formativas, ben en réxime residencial en Galicia, ben en familia ou residencia no estranxeiro.

    A Consellería sufragará entre o 87% e o 50% do custo das estadías que realice o alumnado beneficiario.

  O prazo de solicitude da convocatoria estará aberto dende o 21 de febreiro, ao 20 de marzo.

  No caso do alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO, convócanse 1025 prazas. No caso do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, convócanse 575 prazas.

    Ler máis

Roteiro "Ferrol coas Irmandades da Fala"

 

    Os alumnos de 4º ESO, co Equipo de Dinamización Lingüística e os departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura Galega están a participar este mes de outubro no roteiro "Ferrol coas Irmandades da Fala". Figuras como Aurelio Ribalta, Xaime Quintanilla e Bello Piñeiro, institucións como o coro Toxos e froles, o Casino Ferrolán, a editorial Céltiga e aqueles lugares e persoas relacionadas coas Irmandades en Ferrol son obxecto desta visita.

  En GaliciaÁrtabra pode verse a relación de Ferrol coas Irmandades da Fala.

Distribuir contido


by Dr. Radut