Skip to Content

Campos de verán XuvenCiencia

   

     Volve o VII Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC no que cento cincuenta estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.

    O Campus XuvenCiencia terá lugar do 1 ao 5 de xullo e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC. O custe da matrícula é 160 €. O prazo de preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 3 de maio ata o 12 de maio.

    Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria.

   Ofertamos durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos. A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas de tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo. 

   Na páxina web (www.usc.es/xuvenciencia/campus) pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus.

 



page | by Dr. Radut