A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de 1.600 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras a través de estadías formativas, ben en réxime residencial en Galicia, ben en familia ou residencia no estranxeiro. A Consellería sufragará entre o 87% e o 50% do custo das estadías que realice o alumnado beneficiario. O prazo de solicitude da convocatoria estará aberto dende o 21 de febreiro, ao 20 de marzo. No caso do alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO, convócanse 1025 prazas. No caso do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, convócanse 575 prazas. |