Skip to Content

Complementarias

Visita a Navantia

   

    O martes 22 e o xoves 24 de marzo, o alumnado de 4º de ESO da materia de Economía visitamos a empresa NAVANTIA.

    Na visita o Museo de NAVANTIA aprendemos o importante que foi o Estaleiro para a cidade de Ferrol, coñecemos a Fabrica de Turbinas, descubrimos os enormes talleres do estaleiro. Ademais imaxinamos a montaxe da fragata nas gradas e rematamos a xornada no Museo da Construción Naval.

Concurso "A Tarifa da Luz"

   

    Alumnado de 4º de ESO da materia de Tecnoloxía participou no concurso “A Tarifa da Luz”, organizado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
    O alumnado tiña que analizar unha factura da luz do fogar e facer un pequeño informe-proxecto que recollese consellos e recomendacións concretas para mellorar a factura da luz no fogar. 

    Resultaron premiados: Claudia Picos Tizón e Diego B. Sánchez Aneiros.

   Grazas a todos por participar e parabéns os gañadores!

    A prensa fíxose eco da noticia: La Voz de Galicia, comunicacións da Xunta.

Obradoiros de Atención emocional ao alumnado

     Se tés ansiedade, nervios, inadaptación, etc. e estás matriculado en 4º ESO ou Bacharelato convidámoste a asistir a estas sesións de apoio emocional.

Flashmob Tanxugueiras 2022

   

    Video elaborado nun obradoiro de baile realizado por Adrian da academia "All Dance".

    O alumnado, nun tempo record de unha hora, consegiu aprender a coreografía do famoso tema das Tanxugueiras.

    Moi contentos da gran participación nesta actividade voluntaria organizada polo departamento de Educación Física.

Radio escolar

   

    Ven de poñerse a andar unha emisora de radio escolar que lava funcionando dende este luns, 14 de febreiro, dado que o 13 deste mes celebrouse o Día Mundial da Radio.

     Hai un un blog para publicar os podcast dos programas da radio do Sofía. Na  primeira publicación hai un programa feito polo alumnado de 4ºA da ESO, sobre a historia da radio.

    Por utra banda comunícase que está convocado un concurso para facer o logo da nosa radio escolar. 

1ºBacharelato E finalista na II Edición do Concurso de Comunicación Audiovisual

       Os alumnos e as alumnas de 1ºBacharelato E quedaron finalistas na II Edición do Concurso de Comunicación Audiovisual sobre Educación Financeira do colexio de economistas de A Coruña realizando un vídeo coa temática “Como ser sostible e rentabilizalo no intento”.

Visita ós museos científicos coruñeses

     O día 25 de xaneiro, no marco dunha actividade organizada polos departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química, o alumnado de 3º ESO visitou os Museos Científicos Corruñeses: Casa das Ciencias, Aquarium Finisterrae e Domus.

Día da Muller e da Nena na Ciencia

   

    O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día da Muller e da Nena na Ciencia.

    O departamento de Tecnoloxía, coa materia das TIC, quixo unirse ás celebracións organizadas polo MUNCYT Coruña, participando online nunha conferencia titulada ¿A tecnoloxía é para min? Por Laura Castro Souto enxeñeira informática, docente da UDC e divulgadora.

Distribuir contido


by Dr. Radut