Skip to Content

Complementarias

Visita do alumnado de Talentos Inclusivos a ASPACE Coruña

   

    O pasado 21 de abril o alumnado participante no proxecto Talentos Inclusivos visitou as instalacións de ASPACE Coruña.

    ASPACE foi fundada en 1977 por un grupo de pais e nais de persoas con parálise cerebral. A misión que ten é mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e discapacidades psicofísicas e as das súas familias, poñendo a súa disposición os recursos necesarios para promover o seu desenvolvemento persoal e a igualdade de oportunidades. Os usuarios que atenden repártense entre o Centro Educativo (de 3 a 21 anos), o Centro de Día (máis de 16 anos) e o Centro Residencial (máis de 16 anos).

    O alumnado visitou os tres centros, coñeceu a radio, o taller de cerámica, a piscina, a sala de estimulación... falou cos usuarios e levoulles o prototipo de App de mando de TV que están a facer.

A biodiversidade que nos rodea

   

   O alumnado de primeiro de ESO participou no proxecto Make it Open cun escenario de aprendizaxe sobre A biodiversidade que nos rodea.

    Coordinado polo profesorado dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Tecnoloxía,

 coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, o alumnado: analizou a biodiversidade da zona, colleron sementes, xeolocalizáronnas nun Padlet, fixeron pequenos invernadoiros, construiron uns testos, crearon mini xardíns no instituto e realizaron repoboacións nun área deseucaliptizada do val de Doniños.

    Para levar a cabo este escenario, a parte das profesoras das materias do proxecto tamén colaborou persoal non docente do instituto e donos da área repoboada.
    Foi unha experiencia moi gratificante para todos os participantes.

                  Galería de imaxes
  

Mocidade coa lingua

     O pasado 30 de marzo, os alumnos de 2º e 3º da ESO acudiron ao Auditorio de Ferrol a disfrutar do concerto A Mocidade coa lingua.
   Nel, ademáis de escoitar a grupos doutros institutos, tiveron a sorte de ver en directo a AS FILLAS DE CASANDRA, un dos grupos galegos revelación este ano.

Obradoiro de instrumentos música

   

     O pasado martes 21 de marzo, tivemos a sorte de contar no instituto, coa presenza de Emilio Romero Fabal, constructor de instrumentos e profesor no Padroado de Cultura de Narón.

    Explicou ao alumnado de 2º ESO a importancia dos instrumentos tradicional, a súa evolución e función. Ademáis ensinoulles a elaborar un CARRIZO.

    Desexando aprender máis cousas.

                                      Mil grazas, Emilio.

ESCOLA de NAIS/PAIS - OBRADOIRO de Benestar Emocional e prevención de conflictos

   

    O día 28 de Marzo, no IES Sofía Casanova, de 16:00 a 18:00 horas, terá lugar a primeira sesión do obradoiro.

    Este obradoiro ten o obxectivo de recuperar a Escola de Nais e Pais do Sofía e tratar un tema tan demandado hoxe en día como é a saúde mental dos nosos fillos/as.
    Os Obxectivos veñen descritos no cartel anexo e será Impartido por una psicóloga especialista de gran traxectoria, Andrea Bechlian.

    É necesario confirmar previamente a asistencia neste correo anpa.sofia.casanova@gmail.com para facer diferentes preparativos.
    Non hai límite de aforo.

   

Concerto didáctico adicado á música tradicional galega

   

     O 24 de febreiro, os alumnos de 2º ESO acudiron o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a escoitar e disfrutar dun concerto didáctico adicado á música tradicional galega. PABLO CARPINTEIRO ARIAS, PRESENTADOR E MÚSICA. ROSA SÁNCHEZ, CANTADORA E PERCUSIONISTA 

    "Neste concerto didáctico empréganse 43 instrumentos musicais galegos diferentes usando un fío condutor que consiste en explorar o paralelismo entre a evolución da nosa especie e o desenvolvemento físico e musical dun neno e unha nena galegos.

    É un concerto que corresponde a nova disciplina da biomusicoloxía.  

Viaxe á neve 2023 . 3º ESO. Andorra

 

    O alumnado de 3º de ESO, no mes de marzo, realizará unha viaxe a Andorra.

 Aquí pode consultarse o plan da viaxe e información sobre a estación de esquí e o aloxamento. 

Viaxe de fin de curso para 4º ESO

   

   Xa se dispón da planificación da excursión de fin de curso para 4º ESO, curso co que o alumnado remata unha etapa educativa.

   Na presentación adxunta pode verse o previsto para esa viaxe, cun completo programa de actividades físicas, de ocio e culturais.

Distribuir contido


by Dr. Radut