Skip to Content

Complementarias

Visita a Pull and Bear

   

   O 28 de febreiro o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Robótica visitou as instalacións centrais de Pull and Bear no Polígono do Río do Pozo en Narón.

        Nesta visita:
   - comprobou como funciona o centro de loxística, pois dende alí o grupo distribue os seus artigos de muller a todo o mundo e
   - coñeceu a súa sede ecoeficiente, onde realiza dende o diseño ata a comercialización dos artigos que vende (patronaxe, compras, e-commerce, tenda piloto...)

Alumnado do STEMbach sintetiza o principio activo dun medicamento

         O venres 21 de febreiro alumnado de Stembach xunto con alumnado de Química de 1º de Bach A e B foron “Químicos por un día”: elaboraron o principio activo dun medicamento para o Parkinson, no “Laboratorio Aberto” da Domus.

Concurso "Galicia, auga, literatura e rap"

 

 

    Alumnos de 3º ESO C participan no concurso "Galicia, auga, literatura e rap" , convocado polo Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia e Viaqua.

    Este concurso pretende que o alumnado dea a súa visión a modo de rap de obras da literatura galega nas que estea presente a auga.

     Podedes ver a contribución do alumnado de 3º neste enlace.

Visita de membros do Colexio de Médicos da Coruña

   

     O 5 e 6 de febreiro, os alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato recibiron a visita do Dr. Taboada e da psicóloga Mª José Salas. Un ano máis, viñeron ao centro para informar ao alumnado sobre as enfermidades de transmisión sexual.

     Recordaron a existencia da app Risco Cero, unha aplicación dirixida a adolescentes, pais e docentes, para mellorar a información sobre métodos de anticoncepción, realizar prácticas sexuais seguras e evitar enfermedades de transmisión sexual.

Unha autoestrada detrás do enchufe

         O 13 de febreiro o alumnado de 3 de ESO asistíu á exposición interactiva "Unha autoestrada detrás do enchufe". Esta visita gratuita, xestionada polo Departamento de Tecnoloxía estaba organizada por REE en Palexco, A Coruña. Nesta exposición o alumnado descubriu como funciona e se xestiona un sistema eléctrico a partir de tres ideas centrais: que é a electricidade, como se transporta e como se consume

II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

        Alumnado de 2º ESO participou na II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos onde tiveron que superar probas como construir un arco de dovelas, unha ponte de Leonardo,  construcción de pontes a través dun videoxogo, proba de loxística (transporte de contedores cun camión teledirixido), construcción dunha presa con materiais soltos e crebacabezas de distintas obras de inxeñería.  

Viaxe a Kuopio

   

    Alumnado e profesorado do IES Sofía Casanova, CPI A Xunqueira e CPI San Sadurniño viaxou a Kuopio, do 10 ao 14 de febreiro. Esta foi a última mobilidade do ERASMUS + Robot Dance que despois de 3 anos, está a piques de rematar.
    Esta vez poidemos visitar centros educativos fineses e practicar robótica ademais de practicar actividades de neve. Foi unha experiencia fantástica chea de oportunidades para todos nós.
    Grazas ao CFR de Ferrol por organizar este proxecto que tanto nos aportou.

                 Podedes ver fotos na nosa conta de Instagran

Segunda xornada da Escola de Pais e Nais 2020

   

    O xoves 06 de febreiro, tivo lugar a segunda xornada dentro da Escola de Pais e Nais do centro.
    Persoal do colexio de médicos da Coruña falou sobre educación sexual saudable.

Distribuir contido


by Dr. Radut