Skip to Content

Plantando árbores con pinceis

   

    Plantando árbores con pinceis  é un proxecto de Afundación que se solicitou  dende a materia de educación plástica, visual e audiovisual para facer realidade a intención de pintar un mural no centro coa temática do bosque e deste xeito traballar cos alumnos na concienciación do coidado ao medioambiente e a apreciación dos valores naturais da nosa contorna.

    Comezouse en setembro cunha andaina ao bosque buscando inspiración  na natureza, cos alumnos de e.p.v.a de 1º da e.s.o. , nunha saída conxunta cos departamentos de bioloxía e educación física na que os rapaces fixeron debuxos e bocetos do natural aprendendo a valorar a beleza dos carballos, dos castiñeiros, dos fentos...da biodiversidade dun ecosistema autóctono.

     A partire dos debuxos dos nenos deseñouse a idea final para o mural e comezouse a pintar coa guía da equipa profesional da área educativa de Afundación en colaboración coa vella escolla.

     Empregáronse pinturas fotocatalíticas que non só non contaminan senón que absorben o CO2 ambiental e "limpan" o espazo. Cada metro cadrado de pintura equivale ao efecto depurativo dunha árbore adulta. deste xeito transformouse un recanto escuro nun pequeno bosque.

     Mentres, outra parte do grupo de 1º de epva , fixo un taller na aula onde pintaou , coas mesmas pinturas anticontaminates, en bolsas de tea, motivos relacionados co bosque e cos animais que viven nel.

 



page | by Dr. Radut