Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Axudas para adquirir material escolar

     Ábrese o prazo para solicitar axudas para adquirir material escolar que ven regulado na Orde de 7 de maio de 2024.

 
 

      O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2024/25 está EXCLUíDO da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

 

     As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia,
     Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

A escritora Eva Mejuto no Instituto

       O mércores 15 de maio, a escritora Eva Mejuto estivo no Sofía Casanova para conversar co alumnado de 4º ESO sobre o seu libro “22 segundo  

Admisón de alumnado para o curso 2024-2025. Publicación de listaxes definitivos.

       

    Segundo o artigo 35 da Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro de 2022) pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de educación infantil, educación primaria, secundaria e bacharelato, hoxe día 20/05/24, no panel de entrada do IES Sofía Casanova, publícanse os listados definitivos de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2024-25.

    Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Colaboración coa EADS Mestre Mateo

   

    O alumnado de 4º de Tecnoloxía colaborou este curso coa EADS Mestre Mateo, concretamente con alumnado de 3º de Diseño de Moda, da materia de “Materias textiles"

    O alumnado da Escola Mestre Mateo realizou o deseño duns prototipos e o do Sofia Casanova implementou a programación a través dos etextiles, a colaboración consistiu na realización de tres bolsos que iluminan o seu interior na escuridade e de dúas batas/chalecos, para persoas con problemas de audición, que se iluminan cando hai ruidos (timbre, teléfono...).

Prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación. Curso 23/24

Calendario final 

1. A sesión de avaliación final do segundo curso de bacharelato será o día 15 de maio de 2024.
2. As datas das probas da ABAU son:
     − Convocatoria ordinaria: 4, 5 e 6 de xuño de 2024.
     − Convocatoria extraordinaria: 2, 3 e 4 de xullo de 2024. Terceira.

Revisión no centro

1. O procedemento de revisión no centro será o establecido nos artigos 39, 40 e 41 da Orde do 26 de maio de 2023.
2. A alumna ou o alumno ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final ordinaria ou extraordinaria poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado, de acordo co procedemento establecido nas normas de organización, funcionamento e convivencia do centro.
3. No caso de que persista o desacordo, poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión. Para estes efectos, os prazos para solicitar a dita revisión en cada unha das convocatorias serán:
     − Convocatoria ordinaria: os días 20 e 21 de maio de 2024.
     − Convocatoria extraordinaria: os días 17 e 18 de xuño de 2024.

Reclamación ante a Xefatura Territorial

1. O procedemento de reclamación ante a Xefatura Territorial será o establecido nos artigos 42 e 43 da Orde do 26 de maio de 2023.
2. Se tras o procedemento de revisión no centro persiste o desacordo coa cualificación final dunha materia e/ou coa decisión sobre a titulación, o alumnado ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente unha reclamación ante a Xefatura Territorial. Os prazos 
para solicitar a dita reclamación en cada unha das convocatorias serán:
     − Convocatoria ordinaria: os días 23 e 24 de maio de 2024.
     − Convocatoria extraordinaria: os días 20 e 21 de xuño de 2024. 

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

 

      Iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.
    Aquí pódese consultar un resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica.
    Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia , introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu .

Stembach 2022-2024

   

      Alumnado de de 2º de bacharelato realizou a defensa dos seus proxectos de Stembach o pasado venres 12 de abril na Biblioteca do IES. Os seus proxectos de investigación correspondentes ao bienio 2022-24 foron avaliados coa máxima nota:10. Noraboa a Diego Benigno Sánchez, Adrián Ameneiros, Daniel Gómez, Marta Torres, Isabel del Real, Ana María García e Raquel Santiago.

     Esperamos que ter realizado este programa vos sirva para a formación persoal e para o voso futuro académico!

Distribuir contido


by Dr. Radut