Skip to Content

Prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación. Curso 23/24

Calendario final 

1. A sesión de avaliación final do segundo curso de bacharelato será o día 15 de maio de 2024.
2. As datas das probas da ABAU son:
     − Convocatoria ordinaria: 4, 5 e 6 de xuño de 2024.
     − Convocatoria extraordinaria: 2, 3 e 4 de xullo de 2024. Terceira.

Revisión no centro

1. O procedemento de revisión no centro será o establecido nos artigos 39, 40 e 41 da Orde do 26 de maio de 2023.
2. A alumna ou o alumno ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final ordinaria ou extraordinaria poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado, de acordo co procedemento establecido nas normas de organización, funcionamento e convivencia do centro.
3. No caso de que persista o desacordo, poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión. Para estes efectos, os prazos para solicitar a dita revisión en cada unha das convocatorias serán:
     − Convocatoria ordinaria: os días 20 e 21 de maio de 2024.
     − Convocatoria extraordinaria: os días 17 e 18 de xuño de 2024.

Reclamación ante a Xefatura Territorial

1. O procedemento de reclamación ante a Xefatura Territorial será o establecido nos artigos 42 e 43 da Orde do 26 de maio de 2023.
2. Se tras o procedemento de revisión no centro persiste o desacordo coa cualificación final dunha materia e/ou coa decisión sobre a titulación, o alumnado ou, de ser o caso, a súa nai, o seu pai ou as persoas titoras legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente unha reclamación ante a Xefatura Territorial. Os prazos 
para solicitar a dita reclamación en cada unha das convocatorias serán:
     − Convocatoria ordinaria: os días 23 e 24 de maio de 2024.
     − Convocatoria extraordinaria: os días 20 e 21 de xuño de 2024. 



page | by Dr. Radut