Skip to Content

Alumnado de Bachillerato asiste ao XXIX Concurso de prototipos na EPEF

 

 

     O alumnado de 1° Bacharelato da materia de Tecnoloxía e Enxeñería I asistíu o venres 8 á XXIX edición do "Concurso de Prototipos" que organiza o Departamento de Enxeñería Mecánica da EPEF para o sea alumnado de 3° curso.

 

Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais

convivencia

    

 

 Achégase a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais elaborada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

 

Guía 

 

Reunión inicial entre as familias e profesorado titor

Comunícase que o vindeiro mércores, día 2 de outubro, terá lugar a reunión das familias co titor/a co seguinte horario: 

   Ás 16:30 h familias de alumnado de 1º e 2º de bacharelato

   Ás 17.00 h familias de alumnado da 3º e 4º da ESO

   Ás 17:30 h familias de alumnado da 1º e 2º da ESO

Intercambio en Francia con Edumob

Viaxe_edumob     

Xa está en Francia o alumnado que está participando en Edumob, programa de intercambio escolar entre España e Francia. Aurelio Oca Cifelli, Saúl Fernández Varela e Jana Cano Grueiro van estar catro semanas convivindo cunha familia e asistindo a clase nun instituto francés. Dentro duns meses será o alumnado francés quen virá a Ferrol.

Desexámoslles que teñan unha boa estancia e que aproveiten está fantástica oportunidade. 

Inicio do curso 2024-2025

As actividades lectivas comezarán o día 11 de setembro de 2024, ás 08:30 h ata as 14:10 h. A xornada organizarase do seguinte xeito:

1ª ESO, ás 08.30 h dirixirase ao salón de actos.

2º ESO, ás 08:30 h esperará a ser chamado polo seu titor/a no patio da cafetería.

3º ESO e 4º ESO, ás 08:30 h esperará a ser chamado polo seu titor no patio do pavillón.

1º Bacharelato, ás 09:00 h será recibido no salón de actos.

2º Bacharelato, ás 09:20 h irá as súas aulas situadas no 2º andar.

Libros de texto. Curso 2024-25

     En cada unha das suguintes ligazóns pode atoparse a listaxe de libros de texto, curso 2024-25, seleccionados polos departamentos didácticos para os distintos cursos de  ESO e  Bacharelato.

Nota: Recoméndase contactar coa ANPA sobre o programa de préstamo.

  1º ESO     2º ESO     3º ESO     4º ESO  
1º Bacharelato 2º Bacharelato

Axudas para adquirir material escolar para o curso 24-25 - II

 

       Seguindo o procedemento para solicitar axudas para adquirir material escolar para o curso 2024-2025, procédese á publicación dos prazos dos seguintes pasos do proceso.

    Publicación de listaxes provisionais: o 12 de xullo de 2024.

    Reclamacións: 2 días hábiles ( 13 e 14 de xullo)

    Publicación de listaxes definitivas: o 26 de xullo de 2024.

    Recollida de vales de material: do 27 a 31 de xullo e a partir do 1 de setembro de 2024.

 

 

Tríptico de verán 2024. Biblioteca

 

     Acaba de publicarse o tríptico de verán 2024 no que se recomendan lecturas para este tempo de lecer e aparecen as suxestións da Clube de Narrativa Xuvenil e do Club de Novela Gráfica, xunto con recomendacións de Clásicos Literarios Ilustrados e relativas ás Letras Galegas 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut